Novagalicia achega liquidez crediticia ao tecido produtivo da construción en Galicia
O banco anticipa cobros ás empresas da Federación Galega da Construción
- · A Xunta apoia o sector cun importante programa de obras públicas
- · Novagalicia destina 662 millóns en crédito a pequenas construtoras galegas
22.01.2013. Novagalicia Banco impulsará o tecido empresarial da construción en Galicia con financiamento en condicións especiais. O banco chegou a un acordo financeiro coa Federación Galega da Construción (FGC), que permitirá ás empresas asociadas adiantar o cobro de certificacións de obras que realizan para a Xunta, de maneira que dispoñan de liquidez anticipada, ademais de optar a crédito en condicións vantaxosas. Novagalicia aportou en 2012 un total de 662 millóns de euros en créditos a pequenas construtoras galegas, o que contrasta coa súa progresiva redución do risco crediticio en grandes promotoras e construtoras establecidas fóra do seu territorio de orixe.
Nas fotografías, de esquerda a dereita: Juan Díaz Arnau, director xeral de Novagalicia Banco; Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e Hipólito Trinidad, representante da FGC.