TRABALLO CONSENSUARÁ COA FEGAMP UNHA NORMATIVA QUE RECOLLA OS CRITERIOS DE REPARTO AOS CONCELLOS DOS FONDOS DE EMPREGO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o seu equipo reuníronse hoxe co presidente da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), José Manuel Rey, e coa súa directiva
  • O departamento autonómico e a Federación crearán unha mesa de traballo para avanzar na colaboración nas áreas de benestar e emprego
  • O obxectivo da nova normativa será crear un marco único e coordinado que permita aos concellos contar cuns “orzamentos anuais de referencia” para poder establecer os seus plans de emprego municipais
  • As partidas destinadas á cooperación cos gobernos locais en materia laboral contan cun investimento en 2013 de 30 millóns de euros, un 3 por cento máis que en 2012

Santiago, 22 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar traballará de forma conxunta coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) na elaboración dunha normativa que recolla os criterios e requisitos de reparto aos concellos dos fondos destinados ás políticas activas de emprego, nos que se inclúen, entre outros, os orientadores, axentes de emprego e plans de cooperación.

Así o acordaron hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Fegamp, José Manuel Rey, que mantiveron unha xuntanza na que tamén tomaron parte o equipo directivo da área autonómica e da Federación. Para avanzar neste obxectivo e noutros relacionados co emprego e o benestar, crearase unha mesa de traballo entre ambos organismos para afianzar unha colaboración fluída.

O obxectivo desta nova normativa será crear unha regulación única para a colaboración en materia laboral que sirva como un “marco único, coordinado e eficiente”. Deste xeito, os concellos poderán dispoñer “duns orzamentos anuais de referencia para poder establecer os seus propios plans de emprego municipais, e mellorar e reducir a tramitación administrativa dos mesmos”, concretou Mato.

Na xuntanza tamén se analizaron as partidas que o departamento autonómico destinará á cooperación cos concellos na área laboral. En total, en 2013 o orzamento para este fin ascende a 30 millóns de euros, o que supón un 3 por cento máis que o ano pasado (ao redor de 1 millón de euros máis). Dentro desta partida, está englobado o aumento do investimentos nos plans de cooperación, o que permitirá que os concellos contraten a máis persoal que en 2012.

Xa no que se refire á área social, no encontro tratouse o financiamento do Plan Concertado. Ao respecto, Mato explicou que este ano a Xunta “volver facer un gran esforzo para blindar a súa achega de 6,2 millóns” a este programa que se encarga de financiar dun xeito tripartito –Estado, Xunta, e concellos- os servizos sociais dos gobernos locais.

Por último, a Fegamp e o departamento autonómico están a estudar a sinatura dun protocolo a dúas bandas para ampliar os beneficios do Carné Xove de xeito que se lles facilite aos mozos e mozas o acceso a bens e servizos a nivel local.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: