Asemblea constituinte de Compromiso por Galicia en Vigo

asemblea aberta de Compromiso por Galicia en Vigo

Compromiso por Galicia convoca asemblea constituinte na comarca de Vigo-Val Miñor.

Unha vez rematado o proceso constituinte do novo partido galeguista “Compromiso por Galicia”, e tras o seu primeiro Congreso do pasado 16 de decembro, a súa militancia e simpatizantes da comarca de Vigo teñen a súa primeira cita importante este xoves 24 de xaneiro nunha asemblea paraa constitución da estructura da organización na comarca de Vigo-Val Miñor.

O proceso constituinte conlevou a integración, nunha única organización de carácter galeguista, progresista e socialdemócrata, dos partidos impulsores deste proxecto político, entre eles Máis Galiza, Acción Galega, Partido Nacionalista Galego ou o Partido Galeguista. Aportando unha nova alternativa no campo electoral galego e unificando por primeira vez dende a transición ao galeguismo histórico, co achegamento ao mesmo de persoas provintes de distintas organizacións, disconformes coas actuacións dos partidos políticos existentes até agora, e co nexo común departicipar na creación dunha nova ferramenta política aberta á sociedade, dialogante e que traballará  nun proxecto de país para todos os galegos e galegas.

A cita aberta a simpatizantes e militantes de “Compromiso por Galicia” será este xoves ás 20:30 na súa nova sede da rúa Illas Baleares nº 28 de Vigo.

http://www.blogoteca.com/compromisoporvigo/

https://www.facebook.com/MaisGalizaVigoComarca

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: