O BNG presenta na Guarda unha moción para a defensa do Servizo de Salvamento Marítimo

“O Goberno de Feijoo prima os intereses privados aos da seguridade da xente do mar”

A Guarda, 24 xaneiro 13. O Bloque Nacionalista Galego vai levar ao pleno de xaneiro unha moción para a defensa do Servizo de Salvamento Marítimo e dos Seguros de mal tempo ou accidentes no mar.

Desde a organización nacionalista están de acordo en que un tema da complexidade do POL require que o Concello

Para o BNG os acotecementos dos últimos meses, como o accidente a morte dunha percebeira en Oia ou a do mariñeiro do “Regino Jesús na Costa de Burela, puxo en evidencia o retraso dos  helicópteros do Servizo de Salvamento Marítimo.

O BNG considera que as decisións do Goberno galego do PP, como a privatización dos helicópteros de Salvamento Pesca I e II, o cobro polas actuacións de salvamento, a eliminación do “Seguro Colectivo de Accidentes do Mar”, viñeron a degradar os niveis de seguranza marítima existentes no litoral galego.

“Non se pode facer negocio coa vida dos nosos traballadores e traballadoras do mar. É unha vergoña e unha falta de sensibilidade do Goberno de Feijoo que prima os intereses privados aos da seguridade da xente do mar” comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do Bng na Guarda.

O BNG considera imprescidíbel e inmediata a recuperación dos helicópteros, por parte da Xunta, devolvéndolles a súa titularidade pública e cumprindo os tempo máximos de resposta de dez minutos. Ademáis, solicítase, entre outras medidas, a recuperación do “Seguro Colectivo de Accidentes no Mar” e o “Seguro do mal tempo”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: