A DEPUTACIÓN ACORDA COMPRAR 80 DESFIBRILADORES PARA COLOCALOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE ALTO USO DE 40 CONCELLOS DA PROVINCIA

diputacionpontevedraA Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno a adquisición de 80 desfibriladores semiautomáticos externos de alta frecuentación para ser instalados en instalacións deportivas de 40 concellos da provincia que se adheriron ao plan provincial para dotar destes aparatos a complexos deportivos con alta frecuencia de uso deportivo.

Os concellos adheridos ao plan acheganse ao final desta nota de prensa. Según informou o presidente provincial, Rafael Louzán, a Deputación financiará o 50% do coste de cada un dos desfibriladores que non superará os 1.300 euros.

Cada concello poderá contar con máis de un, según se acordará a vindeira semana tendo en conta un informe de uso de instalación da provincia.

A compra por parte da Deputación destes aparatos leva implícita a impartición de cursos de formación para a acreditación do personal non médico que os utilice, dúas ou tres personas por concello.

Esta medida da Deputación ven a completar a súa decidida vocación de apoio ao Deporte. Nas instalacións deportivas construidas practican deporte a diario miles de personas que poden correr riscos nalgún caso de paradas cardiorrespitarias súpetas. Según datos da Consellería de SAnidade, cada ano aténdense unhas 800 personas por esta causa.

Os desfibriladores automáticos de alta frecuentación servirán para paliar os anteditos riscos e, según dixo Louzán, <se serven para salvar unha sola vida, valerá a pena>

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: