UNHA XORNADA SOBRE A APRENDIZAXE MUSICAL EN PREESCOLAR REÚNE MAÑÁ EN SANTIAGO A MÁIS DE 120 EDUCADORES


  • A actividade está dirixida aos persoal da Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul e outros profesionais do ámbito educativo
  • Contará coa presenza de dous recoñecidos especialistas do sector e incluirá un obradoiro musical para bebés de 3 a 12 meses

Santiago, 25 de xaneiro de 2013.- Identificar a incidencia dos sons no desenvolvemento infantil ou empregar as capacidades creativas, expresivas e musicais na comunicación cos nenos e as nenas son algúns dos obxectivos dun curso que se imparte mañá en Santiago e que está dirixido aos traballadores da Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul e a outros profesionais do ámbito educativo.

Esta actividade formativa, que leva por título “A creación e a construción na escola infantil 0-3 do ambiente educativo e do pensamento musical” e ten confirmada a asistencia de máis de 120 profesionais, divídese en dúas xornadas, a de mañá e outra que terá lugar o sábado 2 de febreiro.

Así, na xornada de mañá, que se celebra na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela  (Avda. Castelao, s/n. Campus Norte), os participantes asistirán ás 9:30 a un obradoiro musical para bebés de entre 3 meses e un ano e ás 10:30 e unha conferencia plenaria. Tanto o obradoiro como a conferencia serán impartidos polo pedagogo Paulo Lameiro, que desde 1998 realiza xiras por Europa con concertos para que bebés e cativos de curta idade poidan relacionarse cos ritmos e fomentar as súas capacidades creativas, expresivas e musicais.

A xornada continuará coa participación de profesionais da Rede de Escolas Infantís de Galicia con prácticas, debates e conferencias que aborden esta metodoloxía centrada na música, propiciando o intercambio de experiencias na realidade educativa galega da etapa de 0 a 3 anos.

Na xornada do sábado 2 de febreiro, que se impartirá na Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid, nº 2-4, Fontiñas), estará enfocada ao ambiente educativo. Nesta ocasión, a profesora María Antonia Riera Jaume realizará unha análise e avaliación dos escenarios para a aprendizaxe dos cativos e as posibles melloras dentro do ámbito pedagóxico.

Relatores

Paulo Lameiro é director pedagóxico e artístico da Escola de Artes SAMP e director artístico do Festival de Artes para a primera infancia “Pinhal das Artes”. Autor de varios proxectos de formación e de produción musical para recén nacidos, destacando, entre os que destacan  “Berço das Artes», «Músicos de Fraldas» e «Concertos para bebés».

 

María Antonia Riera é profesora titular da Universitat de les Illes Balears, no ámbito da pedagoxía aplicada e psicoloxía da educación. É investigadora principal do grupo de investigación da primeira infancia e autora de varios artigos relacionados co primeiro ciclo da educación infantil (ambientes, organización escolar, actividades e metodoloxía), publicados na revista “Infancia”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: