BNG de Vigo

O Bloque reclama á Xunta e á Deputación que fagan “efectivo e real” o seu compromiso co Marco

ñ  Iolanda Veloso critica que Louzán faga explícito que o organismo provincial non vai garantir ningún servizo do museo vigués

Vigo, 25 de xaneiro de 2013.- A portavoz municipal do BNG e deputada provincial, Iolanda Veloso, denuncia que o PP mantén a súa liña de destrución de espazos culturais, tal e como hoxe puxo de manifesto o presidente da Deputación de Pontevedra coa súa falta de apoio ao museo Marco. Para a nacionalista, a “vontade real” do Partido Popular sobre este museo poderase comprobar na tramitación dos orzamentos da Xunta.

Iolanda Veloso lamenta que o presidente do organismo provincial resolvera, diante dos propios empregados do museo vigués, cun “tomamos nota do seu comentario” a súa pregunta sobre se a Deputación ten previsto asinar algún tipo de convenio co Marco a fin de garantir o servizo de seguridade. “É lamentable que Louzán rexeite responder, tendo en conta que despois de decidir a saída do Padroado do museo, anunciara a posibilidade de establecer acordos puntuais”, sinalou.

Segundo a portavoz nacionalista, o servizo de seguridade do museo Marco trátase dun “servizo básico”, xa que é indispensable para garantir a seguridade de actividades como as infantís. Explica que a decisión da Deputación de Pontevedra de abandoar o Padroado do Marco ten “consecuencias directas no funcionamiento cotiá do museo”, como a redución de persoal e a eliminación de servizos fundamentais.

Emenda aos orzamentos da Xunta

“Na votación das emendas aos orzamentos da Xunta, o PP ten a oportunidade de demostrar o seu compromiso co Marco aprobando a emenda presentada polo BNG”, salientou Iolanda Veloso. Fixo así referencia ás declaracións do conselleiro de Educación nas que afirmaba a intención “manter o compromiso” co Marco e achegar ao museo 140.000 euros neste 2013.

Neste sentido, a portavoz nacionalista destacou que entre as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta figura unha referida a este museo, cifrada en 160.000 euros. “Aprobando esta iniciativa os populares teñen unha boa oportunidade de amosar o seu compromiso efectivo e real co museo vigués”, afirmou.

 

O BNG defenderá no pleno unha proposta para que a Xunta recupere o carácter gratuíto e universal do salvamento marítimo 

Vigo, 25 de xaneiro de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, explica que o Bloque reclamará no vindeiro pleno a derrogación do Decreto 130/2012 (do 31 de maio) co obxectivo de establecer o carácter gratuíto e universal das operacións de salvamento marítimo que realicen unidades do Servizo de Gardacostas de Galiza. A nacionalista critica que as decisións tomadas polo goberno galego a este respecto “incrementan os índices de risco até uns niveis absolutamente intolerábeis”.

A iniciativa do Bloque tamén demanda o rescate da venda dos helicópteros de salvamento marítimo «Pesca I» e «Pesca II» e a súa devolución á titularidade pública galega. “Cómpre garantir o cumprimento dos tempos de resposta estabelecidos (máximo de dez minutos) as 24 horas dos 365 días do ano, a través do sistema de gardas presenciais na base e coas tripulacións precisas”, subliña Iolanda Veloso.

 

A portavoz municipal do BNG lembra que o sector pesqueiro galego é o que padece a maior taxa de sinistralidade de todo o Estado español. Aínda que representa, en canto á súa dimensión, apenas o 50% do conxunto do Estado. “Lamentablemente sofre o 80% de sinistralidade mortal por razón de afogamento ou hipotermia”, apunta.

Ao seu xuízo, a “irresponsábel degradación, privatización e precarización do servizo de salvamento marítimo en Galiza xa ten provocado consecuencias irreparábeis”, como é o falecemento de Mercedes Veiga, a percebeira de Oia que perdeu a súa vida o pasado 12 de decembro, mentres desenvolvía o seu traballo.

 

“Este tráxico desenlace evidenciou o retraso na actuación do helicóptero «Pesca I», vulnerando o establecido no contrato que vincula á Xunta de Galiza coa empresa INAER Helicópteros Off Shore, S.A.U., en relación cos tempos de resposta”, sinala a nacionalista.

 

Iolanda Velos critica, por outro lado, que en moi curto espazo de tempo son varias as decisións do goberno galego que degradaron os niveis de seguranza marítima existentes no litoral galego. Ao respecto menciona o establécemento de tarifas de cobro para os buques pesqueiros que precisen de asistencia, aínda en risco de afundimento, así como a eliminación do «Seguro Colectivo de Accidentes no Mar», con cobertura automática a todas e todos os profesionais do mar que sufriran algún percance ou mesmo a morte.

Segundo destacou a portavoz nacionalista, estas decisións “non supoñen aforro algún, senón privatización e obtención de beneficios económicos por parte de empresa privadas”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: