A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, asistiu á iniciativa que se celebra hoxe no Centro de Innovación Cultural da Cidade de Cultura

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, asistiu á iniciativa que se celebra hoxe no Centro de Innovación Cultural da Cidade de Cultura
  • A Consellería de Traballo e Benestar está a desenvolver a segunda edición de Executiva que xa está na última fase de execución
  • O obxectivo desta actuación é mellorar o acceso das mulleres á toma de decisión nas empresas e organismos para tentar de eliminar as diferenzas de xénero en materia de emprego

Santiago, 25 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar organiza hoxe en Santiago unha xornada networking dentro do programa Executiva na que participarán máis de 75 mulleres que están a mellorar con esta actuación as súas capacidades de liderado. Executiva está dirixido tanto a directivas como emprendedoras que na actualidade están a ocupar un posto de responsabilidade como a traballadoras en xeral que desexen darlle un impulso a súa carreira.

A director xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, asistiu hoxe á iniciativa que se desenvolve no Centro de Innovación Cultural da Cidade de Cultura. A xornada inclúe a realización de diversas actividades como a visita ao centro de supercomputación de Galicia, onde as asistentes poderán coñecer os proxectos e servizos que esta entidade presta en relación con ferramentas de teletraballo. Ademais, exporanse os obxectivos do proxecto ‘ICT-Go-Girls!’ que está dirixido a fomentar o emprendemento entre as mozas de secundaria a través das TIC. Este programa estase a desenvolver en colaboración con 7 institucións de 5 países da UE.

A xornada comezará cunha charla do equipo do programa Executiva que está a levar a cabo a Consellería de Traballo e Benestar por segundo ano. Unha das participantes e finalistas desta actuación exporá ás participantes da xornada o papel da muller nos próximos 7 anos. ‘O desafío 2020 (MMXX)’ céntrase na importancia de adaptarse aos novos cambios da sociedade na redistribución do emprego.

Executiva

O programa Executiva xa está na súa última fase de execución. Nas próximas semanas comezará a parte de coaching persoal na que participan 22 mulleres que foron seleccionadas das dúas primeiras fases.

A primeira fase consistiu en dous seminarios, de catro horas cada un, nos que tomaron parte 200 traballadoras. A continuación, tiveron lugar obradoiros aos que accederon 160 mulleres que amosaron un perfil máis axeitado. “Esta cifra supón dobrar as prazas ofertas nesta fase en 2010”, apuntou a conselleira.

A fase máis avanzada, a terceira, consistirá en activades de coaching individualizadas e nela tomarán parte as 22 profesionais cun maior potencial. Isto supón un incremento do 10 por cento das prazas nesta parte do programa con respecto ao pasado ano. Ademais, paralelamente desenvolverase un itinerario de formación complementario para aquelas participantes que non conseguiran o acceso ás fases segunda e terceira.

O obxectivo principal do plan é contribuír a mellorar o acceso das mulleres á toma de decisión nas empresas e organismos para romper co “teito de cristal” que impide o desenvolvemento das posibilidades da muller no eido laboral.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: