OS INTERESADOS EN SOLICITAR PRAZA PARA O CURSO 2013-2014 DO CENTRO DE DÍA PRÍNCIPE FELIPE DA DEPUTACIÓN PODERÁN FACELO ATA O 27 DE MARZO TRALA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO BOP

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases para o período 2013-2014  do Centro de Día da Cidade Infantil Príncipe Felipe que presta unha atención diaria, básica e integral a menores da provincia de Pontevedra. A través deste servizo a Deputación posibilita que as familias poidan conciliar a vida laboral, social e familiar.  Este centro está dirixido a menores de entre 4 meses e 16 anos procedentes de familias que precisen un apoio diario e puntual para atender ós seus fillos.

O número de prazas a cubrir é de 120 das cales se reservarán 10 prazas para nenos de 4 a 18 meses; 20 prazas para nenos de 18 meses a 3 anos; 40 prazas para nenos de 3 a 7 anos; e 50 prazas para rapaces de 8 a 16 anos. O número de prazas por tramo de idade, poderá variar en función das solicitudes e dos ingresos decretados pola Consellería de Traballo e Benestar.

Os interesados en solicitar o servizo deberán facelo dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 27 de marzo no Rexistro Xeral da Deputación.

Obxectivos

Favorecer a integración persoal e grupal.; promover o cambio de actitudes e condutas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social; asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas; garantir ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición; e entre outras cuestións, evitar o absentismo escolar e ofrecer unha alternativa para que o neno permaneza no seo da súa familia, restablecendo, fortalecendo ou creando os vínculos familiares dos menores.

 

Prestacións:“Atención de Día Básica” e “Atención de Día Integral”:

Atención de Día Básica

  • Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas.
  • Atención durante o curso lectivo, axustándose o máximo posible o calendario escolar.
  • Horarios de atención flexible, dependendo das necesidades do menor
  • Alimentación : xantar e merenda.
  • Apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles.
  • Financiamento do transporte, exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.
  • A duración media do curso non poderá exceder dun ano, rematado este período, será preciso proceder á revisión da situación do menor.
  • Participar nas actividades organizadas pola institución ou polo centro escolar o que acuda o menor.
  • Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas.
  • Atención durante todo o ano.
  • Horario de atención mínimo do centro será de 8 a 20.00 horas.
  • Alimentación: xantar e merenda, en casos puntuais que así o requiran, almorzo e cea.
  • Hixiene e educación nos hábitos de saúde.
  • Seguimento e apoio escolar, incluíndo materiais educativos e didácticos.
  • Animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.
  • Financiamento do transporte de proximidade, exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.
  • Servizo de titorías; orientación psico-educativa.

 Atención de Día Integral

Infraestrutura

A Cidade Infantil dispón dun entorno espacial amplo, seguro e san. No seu exterior conta con instalacións como un campo de fútbol, un pavillón, piscinas, espazos libres, columpios, xardíns, zonas de recreo. O centro permite unha conexión fácil, rápida con Pontevedra, dispón de transporte propio e está situado a cen metros dun hospital. Dispón de cociña xeral propia, comedor xeral e comedores particulares nas unidades de convivencia. As zonas de convivencia dos rapaces son moi amplas, recentemente remodeladas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: