A XUNTA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS Á REDACCIÓN DOS MAPAS DE PERIGOSIDADE E RISCO DE INUNDACIÓNS, QUE ESTARÁN DEFINIDIOS AO LONGO DESTE ANO

  • xuntagaliciaAugas de Galicia realiza os estudos para as zonas norte, centro e sur da bacía Galicia- Costa, mentres que o Estado traballa nas zonas de inundación fluvial costeira
  • Grazas a estes mapas, a Administración galega disporá de información sobre o número de habitantes que se poden ver afectados polas posibles inundacións, actividades económicas e industriais afectadas, así como zonas protexidas

Vigo, 29 de xaneiro de 2013.- O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, explicou esta mañá que a Xunta de Galicia está a destinar un orzamento de 1,5 millóns de euros aos traballos de definición dos mapas de perigosidade e risco de inundacións, nos que traballa o departamento de Augas de Galicia.

Trátase da segunda fase do plan de xestión de riscos de inundacións para cada unha das bacías hidrográficas, un proxecto que a Directiva Europea esixe ás administracións. Tal e como sinalou esta mañá Menéndez , na súa intervención no foro Risco de inundacións e solucións aseguradoras, os mapas da bacía que xestiona Augas de Galicia estarán definidos ao longo de 2013.

Así, mentres a Xunta traballa sobre a bacía Galicia- Costa (dividida en tres zonas: norte, centro e sur), o Estado traballa na elaboración dos mapas de risco e inundacións da áreas de risco potencial de inundación fluvial costeiras (ARPSI) que xa están identificadas no Estudo Preliminar dos Riscos de Inundacións (EPRI). Estes datos serán integrados á información que dispón Augas de Galicia.

Durante esta segunda fase dos traballos, Augas de Galicia está a realizar os estudos topográficos, hidrolóxicos e hidráulicos, analizando os estudos de aforos, históricos e xeomorfolóxicos de cara a obter mapas coa extensión da inundación esperada, calados e velocidades para os diferentes escenarios de probabilidade de inundacións.

Estes mapas incluirán información relativa ao número de habitantes que se poden ver afectados polas posibles inundacións, actividades económicas e industriais afectadas, así como zonas protexidas.

Pasos avanzados

Augas de Galicia finalizou en 2011 os traballos da primeira fase de implantación: a elaboración do Estudo Preliminar dos Riscos de Inundación (EPRI). Este estudo, que foi sometido a consulta pública durante 3 meses, foi aprobado, en Xunta de Goberno de Augas de Galicia, o 19 de decembro de 2011. Nel identificáronse na bacía Galicia- Costa un total de 168 Areas de Risco potencial de Inundación fluvial (ARPSIs) o que supón 543 km de río. Do mesmo modo, identificáronse 39 ARPSIs costeiras.

A terceira fase deste proxecto, que establece a Directiva Europea, centrarase na definición dos plans de xestión de risco de inundacións.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: