BNG de Vigo

descarga (2)

 O BNG acusa ao goberno local de falta de xestión por manter pechados os pavillóns de Candeán e da ETEA 

Vigo, 29 de xaneiro de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o concelleiro Xabier Alonso, criticaron a “falta de capacidade de xestión por parte do goberno municipal e especialmente do alcalde” ao manter pechados os polideportivos de Candeán e da ETEA. Iolanda Veloso criticou ademais a “falta de vontade política para dialogar e manter os postos de traballo”, en referencia ao IMD.

“Todas as accións teñen que pasar por Alcaldía, e ese é un problema serio”, apuntou a portavoz nacionalista. Pola contra, destacou o traballo feito polo BNG no eido deportivo cando Santi Domínguez e Xabier Alonso foron concelleiros de deportes en sendas corporacións, do que o Premio Nacional de Deportes que recibiu Vigo no 2009 foi boa mostra.

Nesta liña Iolanda Veloso destacou o impulso da práctica deportiva, como elemento fundamental da saúde, como eixo da acción política realizada polo BNG no anterior mandato. Así, recordou a construción de dous novos complexos de auga (Barreiro e Florida) e dous novos polideportivos (Navia e Candeán), así como os traballos de mellora das instalacións do IMD, como a eliminación das barreiras arquitectónicas.

Cuestión electoral

Afondando nas razóns polas que os pavillóns da ETEA e Candeán están sen abrir, Xabier Alonso asegurou que responde a “ver o deporte como unha cuestión meramente electoral”. Ao seu xuízo estes son dous exemplos de demandas veciñais ás que o BNG tentou dar resposta dende hai anos.

A respecto da ETEA, o concelleiro nacionalista lembrou que no 2011 o BNG presentou un prego no pleno para que se abrira o pavilón, ao que se respostou que se abriría en breve. Diante desta situación para Alonso, “de 2004 a 2013, as instalacións da ETEA non están abertas pola incapacidade de disitintos gobernos na xestión deportiva, e desde 2007 especialmente do alcalde”.

No tocante ao polideportivo de Candeán, Xabier Alonso asegurou que a súa construción tamén é a resposta a unha demanda da veciñanza, que se fixo a través dun convenio entre o goberno municipal e a Xunta de Galiza. “O BNG cumpriu a súa parte do convenio, impulsou a construción do pavillón con orzamentos do Concello e é moi grave que dous anos despois estea sen abrir”, criticou.

Despidos no IMD

“Nun momento como o que estamos atravesando, os últimos empregadores que teñen que provocar máis paro son as administracións”, asegurou Iolanda Veloso en resposta ás preguntas dos medios sobre os despidos no IMD. Ao seu xuízo, e como xa destacou onte tras a suspensión do pleno “falta vontade política para dialogar e manter os postos de traballo que son necesarios”.

Sobre esta cuestión, Xabier Alonso sinalou que se trata dun “erro político” que se perderan once traballadores e traballadoras do IMD.

 

Santi Domínguez critica o afán recadatorio do goberno local co cobro de taxas nas instalacións culturais municipais

 

Vigo, 29 de xaneiro de 2013.- O concelleiro do BNG, Santi Domínguez, criticou que o goberno local “ademais de non promover ningún tipo de iniciativa cultural e deixar esmorecer os contentores culturais de Vigo que tanto custou impulsar, está imprimindo carácter recadatorio as instalacións culturais do Concello”.

 

Santi Domínguez considerou que o goberno da cidade pretende aplicar “taxas desorbitadas sen ofertar alternativas ao mundo cultural da nosa cidade”. Destacou que dende hai dous anos o BNG vén demandando a elaboración dunha programación cultural estable e un plan dinamizador de todos os contentores municipais “e a estas alturas non hai nin unha cousa nin a outra”.

 

“Para que quere cobrar o goberno se non está facendo nada no eido cultural?”, pregúntase o concelleiro nacionalista, ao tempo que aclara que o BNG, tras a o impulso da remodelación do Auditorio Municipal non adxudicou en ningún momento a súa xestión a ningunha empresa, senón que a xestión era “estrictamente municipal”.

 

Ao respecto Santi Domínguez salienta que o Bloque nunca cobrou taxas ás compañías por utilizar as instalacións do Auditorio municipal, senón os gastos do persoal necesario para o desenvolvemento das actuacións. “E para espectáculos de entidades sociais nin iso”, puntualiza.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: