Carlos López Font sobre a paralización do Pleno municipal do pasado luns – Vigo

Vigo, 29 de xaneiro de 2013.- Tras as declaracións realizadas esta mañá polo edil do
grupo municipal do Partido Popular, Chema Figueroa, nas que acusa ao alcalde de Vigo, Abel
Caballero, de provocar aos colectivos da cidade a protestar nos plenos, o edil socialista
Carlos López Font, quere manifestar que o PP de Vigo está instalado na máis absoluta
hipocresía política.
“O señor Figueroa é capaz de facer estas declaracións nun día no que a Xunta de Galicia está
a negar o aceso ao Parlamento aos invitados dos grupos políticos. Neste mesmo día no que a
presidenta do Parlamento restrinxe as visitas dos cidadáns á Cámara Autonómica, o PP de
Vigo permítese criticar o sucedido no pleno da corporación municipal no día de onte”. O
alcalde de Vigo veuse obrigado a parar o Pleno porque os asistentes non deixaban falar a un
concelleiro do PP. Segundo apuntou Carlos López Font, este é un exemplo máis da
incoherencia política do PP de Vigo que defende unha cousa en Vigo e a contraria noutras
cidades coma Santiago ou Madrid.
Sobre as protestas no pleno pola diminución das achegas ao Marco, Carlos López Font quere
lembrarlle ao señor Figueroa que a Deputación de Pontevedra, da que é vicepresidente,
abandonou o Marco, -onde aportaba 150.000 euros ao ano- rebaixando a súa aportación nun
100% e deixándoa a 0; a Xunta de Galicia débelle aínda 160.000 euros de 2011 e o
Ministerio de Cultura ten pendente unha débeda de 127.000 euros. Tanto Xunta coma
Ministerio rebaixaron ademais a súa achega preto dun 40%, mentres que o Concello de Vigo
está a desembolsar unha cantidade superior a 600.000 euros.
Carlos López Font
Segundo tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade e Tráfico

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: