Os adxudicatarios das vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello terán unha bonificación do 20% para unha praza de garaxe en aluguer no aparcamento do Berbés

 

  • descarga (1)  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, chegou a un acordo esta mañá co responsable da concesionaria, Jesús López Hidalgo, quen se mostrou receptivo ás propostas da presidenta para dar unha solución aos novos residentes do barrio antigo.
  • Coa medida tomada esta mañá, as familias residentes e propietarias das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo CCVV que estean interesadas nunha praza neste párking pagarán 82,88 euros ao mes polo seu bono 24 horas
  • O acordo rubricarase nun convenio, que se formalizará nas vindeiras datas, e que terá unha duración de 4 anos.
  • Nun primeiro momento, está aberto para as 42 familias que xa teñen a súa VPA adquirida no Casco Vello, aínda que non se desbota a idea de poder amplialo en función da demanda e das necesidades do Consorcio.
  • Consciente da necesidade dos novos adquirentes das VPA postas no mercado polo organismo no que se refire ao aparcamento dos seus vehículos, Bravo Bosch está a manter encontros cos responsables dos aparcamentos soterrados da zona

Vigo, 29 de xaneiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro co responsable de Movilidad y Aparcamientos S.L., xestor concesionario do aparcamento do Berbés, Jesús López Hidalgo, onde se chegou a un acordo polo que os novos propietarios das vivendas rehabilitadas polo organismo contarán cunha bonificación do 20% do prezo na praza de garaxe no aparcamento do Berbés.

Tras a reunión celebrada na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, Bravo Bosch afirmou que é consciente das dificultades que os novos veciños do Casco Vello teñen para aparcar os seus vehículos e que así llo solicitaron as 42 novas familias que xa residen nas VPA.

Froito do acordo logrado esta mañá co responsable do aparcamento do Berbés, e que terá que materializarse nun convenio que terá unha duración de 4 anos, os interesados  pagarán 82,88 euros ao mes polo seu bono de 24 horas.

“É una solución moi importante ao problema de atopar aparcamento que cada día é maior”, explicou a presidenta do CCVV, quen destacou “a xenerosidade” mostrada por Hidalgo que non descartou ampliar as características do acordo en función da demanda e das necesidades do Consorcio.

A reunión co responsable do aparcamento do Berbés é unha das primeiras que leva a cabo a presidenta do organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- para conseguir alternativas e propostas viables aos aparcamentos dos adxudicatarios das vivendas que o CCVV rehabilitou na zona. Bravo Bosch, consciente da necesidade dos novos adquirentes das VPA de poder contar cunha praza de aparcamento, tamén está a manter negociacións cos responsables do párking da Porta do Sol.

Movilidad y Aparcamientos S. L.

É unha empresa constituída en Madrid hai máis de 20 anos que conta con máis de 30 aparcadoiros en todo Estado, moitos deles ubicados nos cascos históricos da cidade coma é o caso de Vigo. Neste senso e segundo dixo Hidalgo, “queremos axudar na medida que facilitemos ao acceso de vehículos desa zona”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: