Concello de Vigo

 


O alcalde destaca que os orzamentos adican 20 millóns para emprego e 17 para políticas sociais


Abel Caballero enfatizou hoxe xoves a importancia da luz verde definitiva ás contas municipais para 2013 porque “é o sexto orzamento consecutivo aprobado, “sinal da fortaleza da democracia en Vigo e de que a cidade avanza e progresa”. Durante a súa comparecencia, acompañado pola maior parte do Goberno, destacou as partidas de emprego e de política social, de 20 e 17 millóns de euros, respectivamente.

 


O Concello da orde á empresa responsable da teleasistencia de repoñer os dispositivos retirados

Os 104 maiores aos que lles foi retirado o dispositivo da teleasistencia volverán contar con el a partir de mañá. Así llo indicou a responsable de Eulen, empresa concesionaria do servizo, ao rexedor durante unha reunión na que Caballero lle entregou o contrato para que o Concello manteña o servizo.

 


Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia

As 28 familias adxudicatarias dos alugueres sociais das vivendas municipais de Navia recibiron hoxe xoves as chaves do seu novo piso de mans de Abel Caballero, nun dos actos “máis emotivos desde que son alcalde”, recoñeceu o rexedor.

 


A Fundación Laxeiro presenta “MESA DE TRABALLO Ensamblaxe e colaxe en Galicia”


Do 1 de febreiro ata o 28 de abril a Fundación Laxeiro presenta a segunda edición do ciclo que, co título xenérico Panorama, mostra, con periodicidade anual, o traballo de artistas que traballan en Galicia desde presupostos coincidentes, sexan estes, formais, procesuais, técnicos ou discursivos. Artistas:Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano.

 


Festa de Teatro Emerxente: Teatro á Feira

Comeza a primeira edición da “Festa de Teatro Emerxente: Teatro á feira”, que terá lugar no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1), os días 1, 2 e 3 de febreiro. A feira está organizada pola Asociación de Titulados/as en Estudos Superiores de Arte Dramática (ATESAD), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

 


Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo para o primeiro trimestre de 2013

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2013, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e xornadas.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: