CONDE AVOGA POLA INTERNACIONALIZACIÓN COMO CLAVE PARA VOLVER Á SENDA DO CRECEMENTO
Destaca que a Xunta traballa nunha estratexia integral que cubre o ciclo completo no proceso de internacionalización, resaltando o esforzo inversor na materia cun incremento orzamentario do 10%
Subliña que o ano 2012 rexistra, a data de novembro, máis de 5.700 empresas galegas exportadoras, o que supón un incremento do 11% respecto ás cifras de 2011
“Acadamos así o obxectivo marcado de conseguir 700 novas empresas exportadoras desde a posta en marcha da Rede Pexga”, explica.