MARCO, Agrupación de Amigos: encontros A BALEA NEGRA, 1 – Vigo

A Agrupación de Amigos do MARCO

organiza dúas charlas-encontros para membros da AAM

en torno á exposición ‘A BALEA NEGRA’

 

 descarga (1)  

‘A BALEA NEGRA’

Encontros no MARCO (I)

Charla sobre a exposición ‘A BALEA NEGRA’, na compaña de Pedro de Llano, Paco García, e Manuel Méndez

 

 

Data: venres 1 febreiro, ás 19.00

Lugar: Patio 1 (salas de exposición da planta baixa)

 

 

 

Mañá venres, 1 de febreiroás 19.00, terá lugar nas salas da planta baixa do MARCO unha charla-visita comentada á exposición ‘A BALEA NEGRA’. Trátase dunha actividade organizada dende a Agrupación de Amigos do MARCO, dirixida a membros da Agrupación, que abre unha serie de encontros co comisario da exposición, Pedro de Llano, e con distintas persoas vencelladas dalgunha maneira cos contidos da mostra.

 

Nesta primeira visita, ademais de Pedro de Llano, os Amigos do MARCO estarán acompañados de Paco García e Manuel Méndez, participantes na expedición do barco Xurelo, cuxa documentación se exhibe no Patio 1.

 

En setembro de 1981, o barco de baixura Xurelo, con base no porto de Ribeira, toma rumbo cara á Foxa Atlántica para denunciar os vertidos nucleares realizados por distintos países europeos nesa zona situada soamente a 300 millas de Fisterra. A tripulación estaba composta por un equipo de mariñeiros, xornalistas e membros de Esquerda Galega. En setembro de 1982 houbo outras expedicións, como as do Arousa e o Pleamar. En febreiro de 1983 aprobouse unha moratoria de vertidos radioactivos, que quedaron definitivamente prohibidos en 1993 polo Convenio de Londres.

 

No contexto da exposición ‘A BALEA NEGRA’, a documentación —fotografías e publicacións— sobre a experiencia do Xureloinclúese no primeiro dos patios, que está dedicado ao Prestige como acontecemento histórico; o seu contexto, naufraxio e efectos. Pinturas de Antón Patiño dos anos oitenta dialogan coa famosa fotografía de Xurxo Lobato e con todo un conxunto de materiais —vídeos, recortes de prensa, publicacións, obxectos, escritos, pezas gráficas— que serven como base documental e como eixe de varias liñas que conflúen noutros espazos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: