CONDE AVOGA POR SEGUIR TRABALLANDO EN BUSCA DA MELLORA E CRECEMENTO DO COMERCIO GALEGO
Aposta por continuar coa reactivación dos centros comerciais abertos, polo asociacionismo comercial e polo impulso dos mercados e prazas de abastos
No seu labor na Dirección Xeral de Comercio, Vázquez Abeal contribuíu ao deseño da nova Lei de Comercio Interior de Galicia, así como ao desenvolvemento do Plan Ágora para impulsar o comercio de proximidade.