FEIJÓO ANUNCIA A POSTA EN MARCHA DA PRIMEIRA FASE DA ESTRATEXIA ESTATAL DE INNOVACIÓN, QUE SUPORÁ 8 MILLÓNS DE EUROS E INCLUIRÁ UNHA LIÑA DE AXUDAS QUE FINANCIARÁ POR PRIMEIRA VEZ CONTRATOS – PROGRAMA EN CENTROS TECNOLÓXICOS
Proclama que non se resigna ante as dificultades e garante o seu compromiso cun legado “que non recibimos sen máis senón co encargo de mantelo e engrandecelo”
- Propón seguir consolidando a nivel nacional medidas pioneiras, como xa ocorreu na pasada lexislatura coa redución do gasto das administracións ou a aposta por axustarse aos criterios de estabilidade orzamentaria
- Resalta que, mentres outras comunidades declaran a súa dependencia pedindo o rescate do Estado, a Comunidade galega xa ten desde xaneiro o financiamento necesario para todo o ano
- Afirma que a Xunta reforzará ao longo desta lexislatura unha axenda internacional que permita incrementar as exportacións e atraer investimentos para Galicia
- Incide na aposta pola innovación a través de instrumentos como o Interconecta, o Plan I2C ou as posibilidades do Fondo Tecnolóxico, que recentemente teñen permitido desbloquear o proxecto Atlantic da Universidade de Vigo
- Comprende as dúbidas que lles xorden aos cidadáns e que esixen máxima transparencia e explicacións pero lembra que “a nosa democracia, con todos os atrancos, garante unha vida pública basicamente decente”