O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantén unha xuntanza co alcalde de Soutomaior e representantes das mariscadoras de Arcade. Na sala de comisións da Deputación.

 

descarga (5)  O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, garantizou hoxe ás mariscadoras de Arcade, afectadas pola mortandade dos bancos de ameixa e berberecho no seu banco marisqueiro as pasadas Navidades, que a institución provincial e a Consellería de Pesca realizarán un esforzo conxunto e coordinado para axudar á rexeneración do banco.

Louzán destacou que este problema afectou a varios lugares da provincia, como os lombos do Ulla ou Baiona, polo que hoxe mesmo se puxo en contacto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para establecer conxuntamente as medidas precisas tendentes á limpeza do banco marisqueiro e de plantación de especies.

A Cofradía de Arcade está composta por 91 mariscadoras das que a metade residen nas parroquias pontevedresas de Ponte Sampaio e A Canicouva. Según explicou o alcalde, Agustín Reguera, que acompañou ás marisqueiras na súa xuntanza con Louzán <é a principal empresa de Soutomaior, pois non temos ningunha que ocupe directamente a 50 personas>.

Perante as pasadas Navidades, por mor do temporal, as mariscadoras sufriron un aumento da concentración de auga doce no seu banco marisqueiro que provocou a morte dos bancos de ameixa e berberecho. A Consellería pechou a súa zona de traballo, nun paro biolóxico de 4 meses, para que se rexeneren os exemplares. Por eso as traballadoras pasan por unha delicada situación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: