O TSXG VALIDA A DECISIÓN DA XUNTA DE SUSPENDER O CONCURSO EÓLICO DO BIPARTITO NO 2009

  • Esta senteza, xunto a confirmación do TSXG da constitucionalidade do canon eólico, ratifica novamente a seguridade xurídica do actual concurso

Santiago, 04 de febreiro de 2012.-  A Xunta de Galicia ven de ter coñecemento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que valida a suspensión do concurso do bipartito levada a cabo polo actual Goberno galego en agosto de 2009.

A decisión do TSXG respalda a actuación da Xunta de Galicia ao suspender o procedemento iniciado polo anterior Goberno, decisión que sería refrendada catro meses despois coa aprobación da Lei Eólica de Galicia. De feito, a sentenza reflicte que resulta conforme á xurisprudencia “a suspensión do procedemento de autorización para a instalación de parques eólicos na necesidade de evitar situacións consolidadas ou consolidables incompatibles cunha nova regulación legal”.

Aínda que a resolución de agosto de 2009 quedou superada pola aprobación da Lei, que acordou expresamente o desestimento dos procedementos asociados ao concurso eólico do anterior Goberno, trátase dunha sentenza que, sumada á confirmación do TSXG, o pasado mes de decembro, da constitucionalidade do canon eólico, ratifica e avala unha vez máis a seguridade xurídica do actual concurso.

A Xunta de Galicia segue a avanzar na tramitación administrativa do concurso e continuará defendendo ao sector eólico galego e o seu desenvolvemento.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: