Archivo | febrero 5, 2013

Cursos de cociña en Novacaixagalicia

cocineraO vindeiro xoves 7 de febreiro, a aula de cociña do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo abrirá as súas portas para a primeira das leccións sobre a alta cociña que ofrecerán o restaurador Xosé Torres Cannas, tamén coñecido como Pepe Vieira, e/ou o seu equipo. Entre as 20:00 e as 22:00 h, os alumnos desta primeira cita culinaria terán a oportunidade de centrarse na elaboración dun exquisito menú de tres pratos en que se presta fonda atención á materia prima de Galicia sen perder de vista a mestura internacional.

 

CONFERENCIA FISCAL SUPERIOR DE GALICIA SOBRE CORRUPCIÓN EN VIGO

descarga (3)   Conferencia do Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela, baixo o título “Corrupción sistémica“. Haberá un tempo de coloquio.

Lugar e hora: Casa Galega da Cultura, ás 18:45h. (Vigo).

Organiza: A Nave das Ideas.

A XUNTA DE GALICIA COMPLETA A REDE DE SANEAMENTO DA LOCALIDADE PONTEVEDRESA DAS NEVES, QUE BENEFICIA A MÁIS DE 5.000 VECIÑO

 

  • As obras supuxeron construír 2,5 quilómetros de colectores nos núcleos de Ribarteme, Sequeiros, As Neves e Tortoreos, cun investimento de preto de 500.000 euros

As Neves (Pontevedra), 5 de febreiro de 2013.- O director de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou hoxe a localidade das Neves, onde  comprobou o avance das obras que o seu departamento está a executar en dita localidade pontevedresa, e que  consisten en completar a rede de saneamento dos núcleos de Ribarteme, Sequeiros, As Neves e Tortoreos. Leer Más…

O Porriño


descarga (1)  DOS NUEVOS OROS PARA EL ATLETISMO PORRIÑÉS

El alcalde Nelson Santos y el concejal de Deportes M. Alejandro Lorenzo recibieron a Yago López y Laura Alonso campeones gallegos de atletismo Alevín 50 metros y Benjamín 500 metros, respectivamente.

descarga (2)
LA POLICÍA LOCAL DE PORRIÑO INICIA HOY UNA CAMPAÑA DE CONTROL DE VELOCIDAD

El perímetro de vigilancia abarca el centro urbano y los extrarradios. Los controles se prolongarán a lo largo de los próximos siete días en horarios aleatorios 

otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

O BNG demanda a retirada da medalla de ouro de Vigo ao exdirector de Caixanova Julio Fernández Gayoso

 

Vigo, 4 de febreiro de 2013.-  A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, salientou que o Bloque defende a retirada da medalla de Ouro da Cidade ao exdirector da antiga Caixanova e posteriormente copresidente de NovaCaixaGalicia, Julio Fernández Gayoso. Deste xeito, o BNG recolle a demanda manifestada polos afectados das preferentes e considera inaceptable que o exbanqueiro siga mantendo a distinción que a corporación viguesa lle concedeu en 1997.

“Cada quen ten que asumir a súas responsabilidades e non parece moi coherente que Gayoso siga tendo esta distinción”, asegurou Iolanda Veloso, quen sinalou que a formación nacionalista estudará como presenta a solicitude, ben como moción ou ben como declaración conxunta.

A portavoz municipal nacionalista lembrou a iniciativa presentada polo BNG de A Coruña co obxectivo de que pleno coruñés retire o título de Fillo Predilecto ao ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. “Non é de recibo que Gayoso e Méndez manteñan estes honores e agardamos ter o respaldo do resto dos grupos da corporación”, manifestou Iolanda Veloso.

ARRANCA O ENTROIDO EN SALCEDA DE CASELAS

 

descarga    A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido en Salceda de Caselas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Martín Acuña e Jaime Rodríguez en representación dos barrios de A Feira e Castro Barreiro respectivamente foron os encargados de dar a coñecer os actos previstos para estes días de festa.

O venres comezan os actos co desfile dos nenos e nenas dos centros escolares do municipio. O IES Pedras Rubias, o CEP Altamira, o CRA Raíña Aragonta, a Galiña Azul, a Escola Infantil Xoaniña e Manus reúnen un total de máis de mil cativos que van lucir os seus disfraces polo centro da vila a partires das 11:00 da mañá.

O sábado a partires das 17:00 haberá festa infantil de disfraces no Parque Raíña Aragonta con animación a cargo das Maimiñas.

O domingo é o día grande da programación municipal. Ás 12:00 a Banda de Música Cultural de Salceda ofrecerá o seu tradicional concerto na Praza do Concello. A partires das 16:30 terá lugar o XV desfile de carrozas e comparsas, con catorce agrupacións participantes compostas por case mil persoas. Sete desas comparsas son do mesmo municipio, e as demáis repártense entre Tui, Tomiño, Salvaterra e Porriño. Milleiros de persoas está previsto que asistan como público a este espectáculo, tal e como ven acontecendo nos últimos anos. Mentres o xurado toma a súa decisión celebrarase o V Concurso de Coplas de Entroido, e rematarase a festa coa actuación dos grupos Ilusión e Yucatán.

O luns e o martes pásaselles o turno aos barrios de Castro Barreiro e A Feira, que xa teñen todo preparado para presentar as súas carrozas e comparsas o martes ás 17:00 na Praza do Concello.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, fixo un repaso pola programación, salientando o incremento de participación este ano. “Esperamos que sexan unhas citas multitudinarias tal como ven acontecendo nos últimos anos. Os que aínda non coñezan o Entroido de Salceda non deberían deixar de presencialo. É un espectáculo único”.

Marcos Besada, alcalde de Salceda destacou a importancia do entroido de Salceda, un dos máis antigos de Galiza, pola singularidade dos enfrontamentos entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira. Resaltou a especial vinculación que tivo sempre o entroido de Salceda coa emigración, e  a grande influencia que tivo dende sempre de entroidos tan coñecidos como o de Brasil.

A programción destes dous barrios segue a ser un segredo, xa que os carteis non se fan públicos ata o venres pola noite.

Salceda de Caselas, 4 de febreiro de 2013

Matador O: Roni Horn y Vicente Todolí revisan la vertiente física y emocional del tiempo Recibidos x

Nuevo número ya a la venta

Roni Horn y Vicente Todolí revisan la vertiente física y emocional del tiempo en Matador O

Descripción: Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/olas/foto_1280.jpg

Una de las más interesantes artistas del momento y una de las figuras más influyentes del mundo del arte se unen para comisariar este nuevo número Leer Más…

CONDE AVOGA POR SEGUIR TRABALLANDO EN BUSCA DA MELLORA E CRECEMENTO DO COMERCIO GALEGO

Aposta por continuar coa reactivación dos centros comerciais abertos, polo asociacionismo comercial e polo impulso dos mercados e prazas de abastos

No seu labor na Dirección Xeral de Comercio, Vázquez Abeal contribuíu ao deseño da nova Lei de Comercio Interior de Galicia, así como ao desenvolvemento do Plan Ágora para impulsar o comercio de proximidade.

 

exposición “Mesa de trabajo. Ensamblaje y collage en Galicia”

792_aproximacion 785_pelucas

MESA DE TRABAJO. Ensamblaje e collage en Galicia.

II Edición de Panorama.

La Fundación Laxeiro presenta la segunda edición del ciclo que, con el título genérico Panorama, muestra, con periodicidad anual, el trabajo de artistas que trabajan en Galicia desde presupuestos coincidentes, sean estos, formales, procesuales, técnicos o discursivos.

Si en la Primera edición de Panorama el nexo de unión fue la nueva figuración en Galicia, alrededor de la que se realizó la exposición titulada Radiador, en esta segunda edición, el punto en común de estos quince artistas, es ensamblaje y el collage.

MESA DE TRABAJO. Ensamblaje y collage en Galicia reúne en un mismo proyecto expositivo, obras de artistas con preocupaciones estéticas diferentes, en las que trabajan utilizando las técnicas del ensamblaje y el collage, para llegar a resultados, diferentes también, en los que es común la convivencia de elementos dispares, la hibridación de materiales y lenguajes y la intertextualidad inherente al trabajo del ensamblaje y el collage. Leer Más…