RAVO BOSCH TRASLADA O APOIO DA XUNTA DE GALICIA AO CORUXO FC, QUE CONTA CON MÁIS DE 560 DEPORTISTAS EN TODOS OS SEUS EQUIPOS

 

  • descarga (4)
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo recibiu esta tarde á directiva do clube vigués, a quen felicitou polos bos resultados e clasificación na segunda división B. 

Vigo, 04 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta tarde un primeiro encontro institucional coa directiva do Coruxo FC co obxectivo de coñecer o seu importante labor nas súas seccións deportivas.

O seu presidente, Gustavo Falqué, acompañado de Manuel Falqué, Pachi Comesaña e Joan Rodríguez, membros da directiva, déronlle a coñecer á delegada o proxecto deportivo do Coruxo FC, que conta con máis de 560 deportistas repartidos entre todos os seus equipos e onde destaca tamén a súa Escola de Fútbol.

Bravo Bosch trasladoulles así todo o apoio e colaboración da Xunta de Galicia polo seu bo facer nos ámbitos deportivos que desenrola e que non só se cinguen no fútbol do seu primeiro equipo senón que tamén contan con fútbol-11 en feminino, canteira de equipos de fútbol-7 e fútbol-11 ademais dunha sección propia de patinaxe.

 

Con todo, a delegada, quen destacou a historia e distincións logradas polo clube nos últimos anos, resaltou sobre todo os bos resultados e a boa clasificación conseguida polo primeiro equipo na segunda división B, onde nestes momentos se atopan en quinta posición con 39 puntos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: