As dúas bandas máis prometedoras do reggae galego, este sábado na Iguana

Os ferroláns Natural Green e os vigueses Zamaramandi actuarán este sábado, 9 de febreiro, na sala viguesa a partir das 22.30 horas presentando as súas últimas producións que veñen de gravar nos estudos Muu¡ da Cidade Olívica. Contarán coa participación da artista local de hip-hop Wöyza.

 

Son dúas das bandas máis representativas do estilo na nosa comunidade e así o demostra os recoñecemento obtido no resto da Península. En 2011 os Natural Green foron os gañadores do VII Reggae Contest Galego e xa pasaron polo escenario do festival máis importante deste estilo en España, o Rototom Sunsplash. Os Zamaramanditamén están dando moito de que falar logo de ser os gañadores do V Concurso Galego de Reggae e de participar na final ibérica do Europea Reggae Contest. As dúas bandas estarán este sábado na sala Iguana Club, da man da Asociación Minho Reggae, presentando os seus últimos temas que estiveron gravando nos estudos Muu¡.

descarga (3)  Os encargados de abrir o espectáculo serán os Zamaramandi, nesta ocasión en formato acústico. A banda leva dende 2008 facendo roots reggae cunha vertente clásica. En 2010 gravaron o seu primeiro single, “Are we free”, co produtor Roberto Sánchez. Na actualidade preséntannos melodías moi traballadas, cheas de matices que se achegan ao soul e ao jazz, sen esquecerse da esencia do reggae. Veñen de auto-producir un EP Demo, que foi gravado en decembro de 2011. O sábado presentarán un concerto en formato acústico, cun carácter intimista e próximo ao público, que contará coa colaboración da cantante de hip-hop viguesa, Wöyza.

Os Natural Green tomarán o relevo na que será a súa presentación oficial en Vigo logo de pecharse no estudo de gravación do que saíron os temas que poderemos escoitar este nove de febreiro. Os ferroláns comezaron a tocar no 2009, primeiro cinco agora nove músicos, que teñen no New Roots a base da súa música. Reggae, roots, dub pero tamén jazz, música tradicional, hip-hop e funk…Estilos moi variados que son a esencia das súas cancións coas que tentan cambiar aquilo que non comparten desta sociedade.

Unha oportunidade única, a que nos brida a Asociación Minho Reggae, para gozar dunha noite de bo reggae para coñecer a dúas das bandas deste estilo con máis proxección. O concerto comezará a partir das 22.30 horas. O custe do billete de entrada será de 6 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: