A XUNTA RENOVA O SEU COMPROMISO CO SECTOR NAVAL COA APROBACIÓN DUN CONVENIO QUE PERMITIRÁ MOBILIZAR 60 MILLÓNS DE EUROS EN AVAIS DURANTE 2013

fei  Feijóo explica que o convenio autorizado hoxe polo Consello da Xunta suporá un “importante osíxeno económico” e destaca o “efecto multiplicador” que ten o diñeiro público na consecución da totalidade dos avais que os estaleiros galegos necesitan

O presidente galego proclama a creación dun selo naval, o novo ’tax lease’ e a alianza estratéxica coa petroleira Pemex como mostras do compromiso da Xunta co sector

Destaca que, na pasada lexislatura, o Goberno galego apoiou aos estaleiros galegos con axudas, avais e préstamos por valor de 100 millóns de euros.

Santiago, 7 de febreiro de 2013.- O presidente galego destacou hoxe que a Xunta renova o seu compromiso co sector naval coa aprobación dun convenio que permitirá mobilizar ata 60 millóns de euros en avais durante 2013. Alberto Núñez Feijóo explicou que o acordo coa asociación de medianos e pequenos estaleiros, Pymar, autorizado hoxe polo Consello da Xunta, supón un “importante osíxeno económico” para axudar ao sector, e destacou o “efecto multiplicador” que ten o diñeiro público “desde o punto de vista da consecución da totalidade dos avais que se necesitan”.

O titular da Xunta salientou que este instrumento financeiro se pon a disposición da industria naval galega a pesar das actuais dificultades económicas. “Renovamos unha vez mais o compromiso co sector naval”, reafirmou o presidente galego.

Neste sentido, Núñez Feijóo lembrou que o Goberno galego apoiou durante a pasada lexislatura todos os proxectos que se consideraron viables mobilizando 100 millóns de euros en axudas, avais e préstamos. “Demostramos que estamos comprometidos co sector naval cando creamos por primeira vez en España un selo naval, que é unha marca de garantía de calidade para o sector naval galego” –continuou o titular do Goberno- “e seguímolo demostrando cando, xunto ao Goberno de España, solucionamos un novo sistema de amortización anticipada, o denominado tax lease, que levaba máis dun ano paralizando calquera produto ou calquera pedido no sector naval de Galicia e do resto de España”, engadiu.

O presidente galego afirmou, ademais, que o Goberno galego segue comprometido co sector naval cando desenvolve“a alianza estratéxica que temos coa petroleira mexicana Pemex para a construción de dous floteis, un na ría de Vigo e outro nos estaleiros públicos de Navantia en Ferrol”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: