PRETO DE MIL ESCOLARES GALEGOS PARTICIPAN NO CONCURSO DE CONSUMO RESPONSABLE ‘CONSUMÓPOLIS’

 

  • O Instituto Galego de Consumo coordina a fase autonómica do certame dirixido a alumnado de primaria e secundaria
  • Nesta etapa, os equipos participantes, que multiplican por tres aos da edición anterior, deberán desenvolver un traballo centrado en consumo responsable e deporte
  • Os gañadores nas distintas categorías representarán a Galicia na fase nacional

Santiago, 7 de febreiro de 2013.- Preto de mil escolares galegos de primaria e secundaria están a participar no concurso de consumo responsable Consumópolis, coordinado en Galicia polo Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o que supón multiplicar por tres a participación da anterior edición.

Tras completar a primeira etapa, consistente nun percorrido dun xogo on-line sobre consumo responsable e calidade de vida, preto de 190 equipos de toda a comunidade están a traballar xa na segunda fase do certame, que este ano leva o lema “Entrénate ben para un consumo responsable”.

O alumnado está agora a elaborar un traballo en grupos de cinco coordinados por un docente, relacionando consumo e deporte, con temas como a compra de materiais deportivos ou os valores do deporte e o consumo responsable. No caso do alumnado de primaria, o proxecto consiste nun calendario escolar, mentres que o alumnado de secundaria deberá elaborar un cartel con viñetas.

Na fase autonómica establécense tres categorías por idades, con premios para os tres primeiros clasificados en cada unha delas que serán convocados proximamente a través do Diario Oficial de Galicia. Os gañadores representarán a Galicia na fase nacional, organizada polo Instituto Nacional de Consumo.

Os escolares galegos son dos que en máis ocasións foron gañadores dos premios nacionais en distintas categorías, o que amosa a gran preparación do alumnado galego e a gran labor desenvolvida neste ámbito desde o Instituto Galego de Consumo, que forma parte desde o seu inicio do equipo de traballo a nivel nacional que desenvolve a estrutura pedagóxica do certame.

Coa posta en marcha desta iniciativa a Xunta continúa a traballar na mellora da formación dos máis novos en consumo, co obxectivo de aumentar o coñecemento e a defensa dos seus dereitos neste eido.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: