TALLERES SOBRE ANIMALES DE COMPAÑÍA “VIGOTES”

clip_image002

Unha iniciativa da Clínica Veterinaria Cuatro Patas organizada pola Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio. Esta fin de semana realizamos unha convocatoria pública para dar a coñecer aos cidadáns aspectos fundamentais da convivencia cos animais na cidade

Vigotes que reciclar é unha acción de rúa destinada a sensibilizar aos cidadáns de Vigo coa tenencia responsable de mascotas. Queremos chegar ao paseante das rúas da zona centro cunha mensaxe positiva sobre a convivencia cos animais de compañía na nosa cidade.

Propoñemos para iso uns obradoiros participativos para nenos, familias e mesmo adultos.

AS ACTIVIDADES

Realizaranse tres actividades gratuítas para toda a familia durante as dúas xornadas:

1.- Obradoiro infantil para a fabricación de portabolsas para os cans.

Empregando envases usados de bebidas lácteas fabricaranse simpáticos portabolsas para o paseo das mascotas.

2.- Obradoiro familiar de reciclaxe de bolsas de comida

Empregaremos as resistentes bolsas da comida das mascotas para realizar unhas fermosas bolsas da compra, carriños, neceseres,…

3.- Cuestionario sobre tenencia responsable de animais

Haberá un punto informativo no que se realizarán cuestionarios ás persoas interesadas e se ofrecerá información práctica sobre a convivencia coas mascotas.

CAMPAÑA INFORMATIVA

A campaña informativa Vigotes basease na realización de cuestionarios a aqueles cidadáns que estén dispostos a participar nos que se lles farán preguntas sobre a tenencia responsable. Outro punto central será ofrecer asesoramento sobre a relación das mascotas e a cidade, centrado na importancia da identificación dos animais con microchip e as normas de hixiene nos espazos públicos.

No tocante a saúde das mascotas lembrarase a importancia da vacunación e desparasitación dos animais durante todo o ano. As investigacións levadas a cabo a este respecto pola Clínica Cuatro Patas en colaboración co Laboratorio Lema y Bandín e a Universidade de Vigo falan da importancia da saúde animal para a convivencia na urbe.

Finalmente daráselle moita importancia ás adopcións de animais da Protectora de Vigo, coa que se colabora dende a clínica. Na web http://www.vigomascotas.blogspot.com existe un catálogo de animales disponibles.

VIGOTES É UN PROXECTO GLOBAL

VIGOTES  que reciclar intégrase nun proxecto global que promove unha cidade fermosa e limpa que sexa referencia para outras. Trátase dunha proposta para sensibilizar á cidadanía e, de modo especial, a colectivos escolares e terceira idade, cun xeito de entender as cidades basado no respeto ás persoas e aos seres vivos.

Unha segunda fase de Vigotes consiste en accións e intervencións en espazos públicos e experiencias pedagóxicas para desenvolver nos centros educativos, centros de terceira idade e centros cívicos.

Partindo do título escollido xurden lemas específicos para falar de distintos temas ao longo de todas as accións:

  • VIGOTES que recoller
  • VIGOTES que respetar
  • VIGOTES que camiñar

Dado o seu carácter transversal o proxecto está ideado para ser realizado en colaboración entre entidades privadas e organismos públicos.

ORGANIZA

A Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio, http://www.patrimoniodegalicia.org está constituída como asociación sen ánimo de lucro. Os seus integrantes son profesionais da cultura e a ciencia, cidadáns cunha fonda sensibilidade cara ao medio ambiente, a ecoloxía e o patrimonio que nos rodea. O seu obxectivo é contribuír ao mellor coñecemento dos lugares que habitamos por parte da sociedade civil.

A Clínica Veterinaria Cuatro Patas, autora desta proposta está dirixida por Victor Mora Solórzano, un reputado veterinario que une ao seu prestixio profesional o seu labor de divulgador da saúde animal a través das colaboracións nos medios de comunicación. Destacan dun xeito especial a experiencia en proxectos de servizo público e pedagóxicos, entre os que destaca o Plan de Esterilización Felina do Concello de Vigo.

PATROCINIOS E COLABORACIÓNS

Estes obradoiros están patrocinados por La Caixa e contan coa colaboración de Zona Centro, o Concello de Vigo, a Fundación Affinity, o Laboratorio Lema y Bandín, os Laboratorios Esteve Veterinaria e a firma Hill’s. A empresa Van Divulgación Cultural colabora na produción do evento.

DATAS

venres 8 e sábado 9 de febreiro

HORARIO

venres de 16.00 a 20.00 h

sábado de 10.00 a 14.00 h

LUGAR

Porta do Sol

VIGOTES que recoller

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: