Los hoteles de Vigo se rinden al amor con la campaña «Vigo ama Coruña»
El éxito de la campaña anterior «Vigo ama Coruña» ha propiciado que Ahosvi haya ampliado la promoción a todos los enamorados de la comunidad gallega Los hoteles de Vigo se rinden al amor con la campaña «Vigo ama Galicia»
«Con esta campaña pretendemos que las parejas gallegas puedan pasar una noche romántica en alguno de los hoteles de Vigo sin que su coste sea un problema», afirma César Sánchez-Ballesteros, presidente de Ahosvi Leer más…
PP de Vigo
El Grupo Popular exige la apertura inmediata del centro sociocomunitario de Teis, que se inauguró en marzo de 2011 y costó medio millón de euros
- La concejala del PP Teresa Egerique tilda de “escándalo” que la instalación permanezca cerrada, “sobre todo porque el alcalde la consideraba como uno de sus ‘proyectos estrella’ para el barrio”.
- “Teis se ha convertido para el regidor municipal ya no en un lugar de segunda sino de tercera categoría; los vecinos necesitan infraestructuras básicas que nunca llegan de manos del gobierno municipal”, denuncia Egerique.
- La edil del Partido Popular considera “inadmisible” que una reforma de un edificio que costó ese dinero esté sin mantenimiento y sin utilización, “por falta de gestión del alcalde que, además, no da ninguna explicación”. Leer más…
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
AVANCE EXPOSICIÓNS 2013
Primeiro andar
MASSIMO BARTOLINI
HUM
En HUM, Massimo Bartolini fai uso dun dos elementos máis presentes no seu traballo: o son. A través da creación de dúas novas pezas sonoras baseadas na idea da gravación e adaptadas especificamente ás salas da primeira planta do MARCO, Bartolini transforma o espazo expositivo de forma sorprendente e inesperada, creando unha atmosfera de íntima beleza animada soamente pola presenza incorpórea da voz: unha voz sen corpo que, desprotexida do ego da presenza do artista, acha agora o seu último significado na presenza e na interpretación da audiencia. Nesta ocasión, as obras que se presentan están centradas nunha das máis brillantes e enigmáticas figuras da música dos últimos séculos, Glenn Gould, con ocasión da Homenaxe presentada pola Academia de Santa Cecilia en Roma, dentro das celebracións dedicadas ao artista cando se cumpren oitenta anos do seu nacemento (1932) e trinta da súa morte (1982).
Con esta exposición, o MARCO de Vigo dá un paso máis na súa liña de proxectos expositivos relacionados coa arte sonora e con artistas que traballan co son. Un interese que tivo o seu reflexo en propostas como ‘A mostra invisible’ (2006), ‘Escoitar.org’ (2007), ou ‘Loreto Martínez Troncoso’ (2011), ademais da presenza de obras sonoras en moitos outros proxectos e mostras colectivas de produción propia.
AVANCE EXPOSICIÓNS 2013
Planta baixa
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
Procesos creativos no taller das sombras
Artistas
Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miguel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trastoy
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e traerá ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes, que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións: bosquexos e cadernos de apuntamentos, notas ao paso que agardan o seu momento e ocasión, obxectos de todo rango que se acumulan semi-esquecidos polos cantos do estudio. Cartafoles con recortes de prensa, imaxes e libros doutros artistas; un espazo mental no que calquera posible estímulo atopa acomodo, dende unha colección de postais con imaxes artísticas a un bucle de vídeos de youtube, ou a textos propios e alleos. Unha proposta que, no aspecto visual e de montaxe expositivo, investiga os intersticios que se abren entre o puro documentalismo e o environment ou a instalación. Unha montaxe que poña en escena o estatuto ambiguo do ‘bosquexo’: camiña cara á obra pero non é obra aínda… ou se cadra xa si.
AVANCE EXPOSICIÓNS 2013
Primeiro andar
PATRICIA ESQUIVIA
Portovello Entroido, Sábado 9 de febreiro – Vigo
O sábado, 9 de Febreiro, no Casco Vello de Vigo, terá lugar unha nova edición do Rastro PORTOVELLO,Especial Entroido!!!
Acudirán máis dun centenar de postos e estarán ubicados nas rúas Oliva, Palma, Joaquín Yáñez, Triunfo, Praza da Igrexa, e Praza da Pedra de 11.00h a 21.00h
No rastro poderanse atopar dende artigos de segunda man como roupa, zapatos, vinilos, libros, gafas e obxectos de decoración ata cosmética natural, cadros, artesanía, etc. Tamén teremos MÚSICA EN VIVO e ANIMACIÓN DE RÚA!!
-Ás 12.00 h KE-PERCUSSION, coa súa particular animación de rúas.
Kè-percussion é un grupo de percusión que combina un variado repertorio e mezcla diferentes estilos musicais se mezclan estilos musicais como jazz, latin rock, house ou techno
-Ás 17.00 h SON BRETONED.
O grupo Son Bretoned nace do encontro de dous músicos, un bretón e outro galego, que deciden combinar as músicas dos dous países para dar a coñecer a música de Bretaña en Galicia e a música galega en Bretaña. Combina o acordeón diatónico, o clarinete e a voz fundamentalmente para bailar e cantar dun xeito divertido e desenfadado.
CONCERTO DE SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO
* grupo está formado por Iria e Gonzalo, de Clave de Fado.
Vigo, 8 de febreiro de 2013
Sonidonia regresa a Detrás do Marco. Teremos a
oportunidade de volver a emocionarnos coa voz de Iria e o bo facer de Gonzalo
mañá 9 de febreiro a partir das 20:00 horas. Entrada de balde.
Sonidonia
está formado por dous dos compoñentes de Clave de FaDo: Iria
Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña, baixista-guitarrista. Neste novo proxecto
atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes,
mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega,
o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana…
Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi
particular!!!
Será o primeiro concerto de Sonidonia despois dun pequeno parón
provocado pola baixa maternal de Iria e veñen con moitas ganas de amosar a
súa música e compartila co noso público. É máis, Sonidonia ofreceu en
Detrás do Marco
o último concerto antes de descansar no mes de outubro e volve «a
faena» tamén con nós.
EL CENTRO DE EXCELENCIA DE VIGO PRESENTA A LAS PYMES GALLEGAS HERRAMIENTAS INNOVADORAS PARA UNA GESTIÓN EFICIENTE DE SUS RECURSOS
- La jornada, basada en las ventajas que ofrece a las empresas la inteligencia competitiva, se celebrará el próximo jueves 14 de febrero, a partir de las 10:00 horas, en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo.
- El objetivo es dar a conocer una nueva forma de pensar y actuar y profundizar en las distintas herramientas de Vigilancia Tecnológica existentes en el mercado.
- Los participantes podrán recibir consultoría personalizada de la mano de expertos en la materia de diferentes empresas y organismos. Leer más…
CAMBIO DE LOCALIZACIÓN VIGOTES- Praza El Pueblo Gallego
Por motivos de seguridade o Concello de Vigo acaba de comunicarnos que despraza a nosa actividade VIGOTES dende a Porta do Sol á praza El Pueblo Gallego.
Concello de Vigo
O alcalde apunta que a Concellería de Fomento investiu case 35 millóns de euros no rural desde 2008 |
O Auditorio acolle unha proposta novidosa para achegar a música ao público familiar |
O Concello colaborará na celebración das Xornadas dos Colexios de Avogados de España |
«100×100 Coiro», exposición na Escola Municipal de Artes e Oficios |
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo![]() |
Orde do día da Xunta de Goberno Local![]() |
TALLERES DE MEMORIA PARA PERSOAS MAIORES Apertura do prazo de inscrición do 2º Taller de Recuperación de memoria
Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida. É decir, obradoiros para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas…
Un proxecto que se levará a cabo, grazas a colaboración que a oficina de La Caixa de Salceda mantén coa Concellería de Benestar, por segundo ano consecutivo.
O programa vai dirixido a persoas maiores de 60 anos do Concello. As actividades levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio no Centro Social de A Devesa. As persoas interesadas poderán inscribirse dende agora mesmo e ata o próximo 22 de febreiro no Rexistro do Concello.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área considera que “é importante ter en conta todos os aspectos desta actividade, que ademáis de exercitar a memoria favorece a creación dunha rede de relacións persoais coñecendo xente a través destas xornadas de convivencia. En definitiva, unha oportunidade para coñecer, exercitar, desenvolver e gozar da nosa memoria”.