PORTOS DE GALICIA REDUCÍU O CONSUMO DE ELECTRICIDADE NOS PEIRAOS PONTEVEDRESES NUN 24,4% AO LONGO DE 2012

  • A medida, consistente na alternancia de funcionamento de puntos de luz nas zonas menos transitadas dos peiraos, permitiu aforrar máis de 73.000 euros
  • Os peiraos que rexistraron un maior aforro neto foron os de Tragove, Vilanova, Pedras Negras e Moaña

Santiago, 10 de febreiro de 2012.-  Portos de Galicia conseguíu reducir unha media dun 24,4% o consumo de enerxía eléctrica nas dársenas da provincia de Pontevedra durante o ano 2012 coa posta en funcionamento da primeira fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. O ente público pechou o exercicio cun balance que supera nun 5% as previsións de contención do gasto en luz marcadas no plan nun 19,2% de media para os 22 peiraos da Zona Sur, entre Carril (Vilagarcía) e A Guarda.

O Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética establece a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nas zonas portuarias de menor tránsito, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios.

Os datos obtidos ao peche de 2012 revelan o éxito da medida, que se traduciu nun aforro neto de 73.047 euros no conxunto do litoral da provincia. A contención do gasto nas facturas de electricidade é especialmente reseñable en peiraos como os de Tragove (Cambados), no que se aforraron 15.785 euros, un 26,2%, na pasada anualidade, ou o de Vilanova, que reduciu a factura en 10.238 euros, un 30,5%. Así mesmo, destacan os datos do peirao de Pedras Negras (O Grove), cun aforro neto de 6.108 euros, o 37,1%; e de Moaña, con 3.912 euros, o 17,9%.

A maiores do recorte no gasto, esta medida é un novo factor cualitativo de cara á solicitude da certificación europea de calidade e sustentabilidade ambiental EMAS que Portos de Galicia vén de obter para a os peiraos da costa cantábrica e que pretende extender ao conxunto do litoral galego. O plan de aforro permite reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalacións.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: