O persoal de Povisa denuncia diante do Parlamento a precarización do emprego e a perda de calidade asistencial no centro médico

Arredor de medio cento de traballadores/as participaron na concentración convocada polo comité de empresa en Santiago
Arredor de medio cento de traballadores/as do hospital Povisa de Vigo participou hoxe na concentración convocada polo comité de empresa diante do Parlamento de Galiza para denunciar a precarización das condicións laborais que están a padecer o cadro de persoal e a perda de calidade asistencial que afecta aos usuarios/as. Ao mesmo tempo, os representantes sindicais reclamaron o inicio das negociacións do convenio colectivo e acusan á dirección do centro de agardar a que quede sen vigor no mes de xullo para aplicar o convenio provincial.
2013 02 12 PovisaParlamento01

A protesta desenvolveuse ás portas do Parlamento galego entre as 9.30 e as 13.00 horas, tempo no que os afectados/as despregaron unha faixa co lema “Contra a precariedade. Polo cumprimento do convenio” e berraron consignas como “Povisa culpábel Sergas responsábel”, “Feijóo escoita Povisa está en loita”, “Calidade asistencial para o noso hospital”, “A saúde non é un negocio” ou “Onde están os nosos atrasos”.

Dende a sección sindical da CIG en Povisa explicaron que a empresa pretende que o convenio colectivo quede sen efecto no mes de xullo para aplicar o provincial, que empeora até un 40% unhas condicións laborais que xa se están a ver afectadas, a pesar de que a compañía tivo beneficios por un millón de euros no último exercicio.

En concreto, rexeitan as reducións de xornada que se están a producir ou os cambios de quenda que deixan moitos servizos sen o persoal necesario, cuestións que afectan directamente á calidade asistencial dos pacientes, de igual xeito que a mesma redución do cadro de persoal, que pasou de 1.500 a 1.300 persoas.

Diante disto, ademais das concentracións que desenvolven todas as semanas (a última tivo lugar o xoves pasado diante do museo Marco de Vigo), para este domingo día 17 teñen convocada unha manifestación polas rúas de Vigo que sairá de Vía Norte ás 12.00 horas. Ademais, remitiron escritos aos distintos grupos políticos con presenza no Parlamento (agás o PP) para trasladarlles a problemática que atravesa o centro médico.

Finalmente, critican a actitude da Consellería de Saúde e lembran que se nega a recibilos a pesar de teren solicitado distintos reunións cos seus responsábeis.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: