CONCERTO EN DETRAS DO MARCO- Vigo

mail  O venres 15 de febreiro (19:00 horas) actuará en

Detrás do Marco

(r./ Londres s/n) o grupo galego de rock/blues/funky “Los

Lentos” (entrada libre). Esta actividade está promovida pola Escola de Imaxe e

Sonido de Vigo, co obxectivo de promover o concurso Eisv Music 2013.

A Escola quere conseguir reunir na rúa Príncipe ao maior número de persoas

posibles tocando calquera instrumento musical. “Tanto se es músico como se

non, acode á convocatoria do Eisv Music 2013 e fai que Vigo soe!”, así anuncia a

Escola este flashmob musical. A hora da convocatoria é ás 18:00 horas na parte

de atrás do museo Marco e aí explicarán as pautas a seguir para comezar á

concentración ás 18:30 horas ao longo da rúa Príncipe.

E posteriormente chegará o momento de gozar co concerto de “Los Lentos”,

en Detrás do Marco. Esta formación editou o seu primeiro disco “Los Lentos

1.0” con Arca de Noé. Este primeiro traballo foi gravado, editado e mesturado

nos estudos Casa de Tolos en Gondomar (Pontevedra). Desta forma, o grupo

comezou a súa carreira musical, ofrecendo  temas propios con influencias dos

grandes clásicos do rock&roll, blues e funky. Tras tocar en varios locais e salas

viguesas, recaen de novo en Casa de Tolos para gravar o seu novo traballo

“Perdón por el  retraso”, que será presentado proximamente.

Actualmente este grupo de promesas musicais (entre 16 e 19 anos)

encóntrase traballando en nova música para conseguir un son máis maduro para

progresar na súa carreira musical.

Entrada libre

http://www.facebook.com/EISVMUSICLIVE?group_id=0

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: