BNG Vigo

descarga

Santi Domínguez defende que a caída de Peinador débese á falta de planificación da política aeroportuaria do alcalde e a Xunta 

Vigo, 15 de febreiro de 2013.- O concelleiro do BNG, Santi Domínguez, rexeitou o mantemento das subvencións ao voo a Londres e asegurou que a política aeroportuaria “non pode ser froito do capricho de ninguén”. En resposta aos medios subliñou que os malos datos do aeroporto de Peinador responden pola contra á falta de planificación que o alcalde e a Xunta non son quen de levar adiante.

A respecto do voo a Londres, Santi Domínguez salientou que se trata dunha liña de baixo custe “non consolidada”, tal e como o demostra que a media de ocupación no último ano fora unicamente do 56%. “Cando nun ano ou dous unha liña non funciona, o goberno municipal non pode seguir poñendo cartos enriba da mesa para que unha empresa obteña beneficios”, apuntou ao respecto.

O BNG reclamará no vindeiro pleno a retirada da Medalla da Cidade a Julio Fernández Gayoso 

  Iolanda Velos afirma que hai “motivos suficientes” para presentar esta proposta dadas as consecuencias ruinosas da súa xestión

Vigo, 15 de febreiro de 2013.-  “A mala xestión da entidade, a comercialización de produtos financeiros complexos tales como as preferentes e as subordinadas e a súa conduta á fronte da entidade bancaria, co cobro dun plan de pensións cando a entidade que dirixía xa recibira inxentes axudas públicas”, son algúns dos argumentos que segundo subliñou Iolanda Veloso levarán ao BNG a pedir no vindeiro pleno da corporación a retirada da Medalla da Cidade a Julio Fernández Gayoso.

Segundo apuntou a portavoz municipal nacionalista, desde que en 1997 se aprobou esta concesión, cos votos a favor de PP e PSOE, “teñen cambiado moito as cousas”.

Iolanda Veloso aclara que o plan de emprego inclúe a sinatura de convenios e a contratación pública “igual que no 2012” 

Vigo, 15 de febreiro de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso aclarou en resposta ás preguntas dos medios que o plan de emprego municipal incluido nos orzamentos de 2013 mantén a mesma estrutura que no de 2012. “Non hai ningunha novidade e inclúe dúas partes, unha destinada á contratación directa e pública e outra para asinar convenios coas asociacións e os colectivos sociais, igual que o ano pasado”, subliñou.

Segundo indicou Iolanda Veloso, que o alcalde da cidade e outra forza política falen de novidades amosa o seu descoñecemento do funcionamento desta iniciativa. “Ao mellor o alcalde non sabía como se fai o plan de emprego e deuse conta escoitando as críticas doutros partidos que tampouco saben como se fai”, comentou.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: