Archive | febrero 17, 2013

Concello de Vigo

 


O alcalde felicítase porque a Biblioteca Neira Vilas aumentou os usuarios nun 232% desde 2011

Abel Caballero visitou esta mañá a Biblioteca Neira Vilas, un centro municpal que aumentou nun 232% o seu número de usuarios desde 2011. Resaltou o carácter dinamizador destas instalacións, que ofrecen actividades para todo tipo de públicos durante toda a semana.

 

O Goberno local pecha provisionalmente os pavillóns e as canchas de squash de Balaídos

Abel Caballero ordenou hoxe venres o peche provisional e preventivo dos pavillóns 1 e 2 e as pistas de squash de Balaídos, seguindo recomendacións dun avance do estudio da ITE do estadio municipal. O mesmo documento garante a seguidade das gradas, aínda que critica a ausencia de mantemento desde hai 31 anos.

 

O Goberno municipal segue o criterio técnico e rexeita pagar a acometida eléctrica do novo hospital

O alcalde informou do acordo adoptado este venres polo goberno local, seguindo informes técnicos, económicos e xurídicos municipais. A Xunta de Galicia presentara un requerimento de pago en virtude dun convenio marco bilateral de 2006 e o informe de Asesoría Xurídica estipula que «o Concello non conta con obriga algunha de costear as obras».

 

O Concello financia con 80.000 euros as actividades de ximnasia e natación de maiores

Abel Caballero garantiu hoxe venres a pervivencia do programa Deporte apra persoas maiores, no que participan 770 usuarios. A Concellería de Deportes, que agora xestiona este proxecto en lugar de Benestar Social, ten unha partida de 80.000 euros.

 

O goberno local adianta 445.000 euros de pagos de 2013 para bolsas de comedor e axuda ás familias

O alcalde informou este venres do libramento de 326.000 euros para abonar bolsas de comedor escolar e outros 120.000 euros de axuda ás familias no programa de Emerxencia Social. O Concello adianta así os pagos correspondentes ao orzamento de 2013 aos beneficiarios da política social municipal.

PP de Vigo

El alcalde ya no puede ocultar por más tiempo la nefasta gestión en instalaciones deportivas y el PP le exige que comparezca públicamente junto a los técnicos

  • El Grupo Popular reclama que Caballero muestre a los ciudadanos los informes de los expertos que han recomendado el cierre de las instalaciones de Balaídos.
  • “El deporte no se puede parar en Vigo por la ineficacia de un gobierno municipal que siempre llega tarde y mal a resolver los asuntos; que el alcalde se deje de quimeras de ciudades estado y que atienda a las necesidades reales”, recrimina el concejal del PP Antonio Bernárdez.
  • “En seis años no han hecho nada por mejorar y conservar los pabellones deportivos. Hoy son los de Balaídos, ¿cuál será mañana? Es una vergüenza para la ciudad que se haya llegado a esta situación por una falta absoluta de gestión”, insiste el edil del Partido Popular.
  • Teresa Cendón: “El alcalde no conseguirá parar el nuevo Hospital, que es la obra más demandada por los vigueses”
    • La concejala del PP en Vigo garantiza que la Consellería de Sanidad continuará con los trabajos del nuevo Hospital Público de Vigo, pese a que el Gobierno municipal del PSOE se niegue a cumplir su parte y pagar las acometidas de agua o de luz”
    • “Lo único que conseguirá Caballero es que a los vigueses les salga más caro este equipamiento por su entorpecimiento sistemático”, explicó Cendón.
    • “El Grupo Municipal del PP manifiesta su rechazo absoluto al nuevo intento del PSOE de impedir el crecimiento de la ciudad” Leer más…

MEDIO AMBIENTE INICIA O LUNS AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME NA TRAVESÍA DE BAIONA

  • clip_image002  Trátase de mellorar o estado actual do treito urbano ao seu paso por Baiona da estrada que une os concellos de Vigo e Tui
  • O investimento da Xunta elévase a máis de 60.000 euros e o prazo de execución estimado é de dous meses
  • A actual Xunta está a facer un esforzo importante en materia de seguridade viaria, xa que o investimento que destinará ao longo de 2013 nesta materia ascende a case 55 millóns de euros Leer más…

A AMTEGA E AS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS COLABORAN PARA INCORPORAR A 150 ESTUDANTES E PROFESORES DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICA AO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DIXITAL DA XUNTA

Trátase da iniciativa UNIMÁIS Tic, que ten como obxectivo  contribuír a que a investigación tecnolóxica que se desenvolve nas universidades se traduza nas solucións reais que precisan os colectivos que atenden as entidades de acción social

O labor voluntarios que se adhiran centrarase en achegar as novas tecnoloxías aos colectivos e entidades do terceiro sector galego

Colaborarán as oficinas de voluntariado das universidades, as facultades e escolas universitarias de informática e telecomunicacións, os colexios profesionais TIC xunto cos estudantes que se adhiran como voluntarios dixitais