Concello de Vigo

 


O alcalde felicítase porque a Biblioteca Neira Vilas aumentou os usuarios nun 232% desde 2011

Abel Caballero visitou esta mañá a Biblioteca Neira Vilas, un centro municpal que aumentou nun 232% o seu número de usuarios desde 2011. Resaltou o carácter dinamizador destas instalacións, que ofrecen actividades para todo tipo de públicos durante toda a semana.

 

O Goberno local pecha provisionalmente os pavillóns e as canchas de squash de Balaídos

Abel Caballero ordenou hoxe venres o peche provisional e preventivo dos pavillóns 1 e 2 e as pistas de squash de Balaídos, seguindo recomendacións dun avance do estudio da ITE do estadio municipal. O mesmo documento garante a seguidade das gradas, aínda que critica a ausencia de mantemento desde hai 31 anos.

 

O Goberno municipal segue o criterio técnico e rexeita pagar a acometida eléctrica do novo hospital

O alcalde informou do acordo adoptado este venres polo goberno local, seguindo informes técnicos, económicos e xurídicos municipais. A Xunta de Galicia presentara un requerimento de pago en virtude dun convenio marco bilateral de 2006 e o informe de Asesoría Xurídica estipula que “o Concello non conta con obriga algunha de costear as obras”.

 

O Concello financia con 80.000 euros as actividades de ximnasia e natación de maiores

Abel Caballero garantiu hoxe venres a pervivencia do programa Deporte apra persoas maiores, no que participan 770 usuarios. A Concellería de Deportes, que agora xestiona este proxecto en lugar de Benestar Social, ten unha partida de 80.000 euros.

 

O goberno local adianta 445.000 euros de pagos de 2013 para bolsas de comedor e axuda ás familias

O alcalde informou este venres do libramento de 326.000 euros para abonar bolsas de comedor escolar e outros 120.000 euros de axuda ás familias no programa de Emerxencia Social. O Concello adianta así os pagos correspondentes ao orzamento de 2013 aos beneficiarios da política social municipal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: