MEDIO AMBIENTE INICIA O LUNS AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME NA TRAVESÍA DE BAIONA

  • clip_image002  Trátase de mellorar o estado actual do treito urbano ao seu paso por Baiona da estrada que une os concellos de Vigo e Tui
  • O investimento da Xunta elévase a máis de 60.000 euros e o prazo de execución estimado é de dous meses
  • A actual Xunta está a facer un esforzo importante en materia de seguridade viaria, xa que o investimento que destinará ao longo de 2013 nesta materia ascende a case 55 millóns de euros

Santiago, 16 de febreiro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia o vindeiro luns, 18 de febreiro, as obras de reforzo de firme na Travesía de Baiona, concretamente dende o punto quilométrico 16+250 ao 16+950 da PO-552. Así, o vindeiro luns comezarse a sinalizar a zona para evitar que os veciños de Baiona aparquen nesta zona que será obxecto da actuación, dispoñer as marcas amarelas de advertencia de zona de obra. O importe desta actuación, que se prolongará por un período de dous meses, elévase a máis de 60.000 euros.  A reparación do firme neste treito da estrada que une Vigo e Tui atópase nun mal estado polo que é necesario a súa reparación, co fin de dar unha calidade mínima á estrada. Os traballos que se executarán consistirán no fresado de todos os baldóns e a reposición do asfalto. Os traballos rematarán coa instalación da sinalización vertical e horizontal. As obras acometeranse nestes días co obxecto de que a travesía estea nas condicións axeitadas de cara a vindeira Semana Santa.Os beneficiarios desta mellora son os máis de 10.000 veciños de Baiona.

Compre destacar a importancia deste tipo de actuacións, xa que redundan directamente na seguridade dos cidadáns e dos vehículos.De feito, o actual Goberno da Xunta realiza en materia de seguridade viaria, un obxectivo clave deste Goberno un gran esforzo ao destinar este ano un orzamento en materia de seguridade viaria ascende a case 55 millóns de euros.

A esta cifra das actuacións directas de mellora hai que engadir as accións orientadas á concienciación social.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: