A COMISIÓN EUROPEA ARQUIVA O PROCEDEMENTO DE INFRACCIÓN REFERENTE AOS PARQUES ZOOLOXICOS DE GALICIA

En outubro de 2006 a ONG Eurogroup for Animal denunciou ante a Comisión Europea un posible incumprimento da Directiva Europea 199/22/CE  referente ao mantemento dos animais salvaxes nos parques zoolóxicos

  • A Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, adoptou un procedemento de actuación para garantizar o cumprimento da normativa
  • A Comisión europea recoñece os esforzos realizados por parte da Consellería de Medio Ambiente e os parques zoolóxicos galegos

Santiago, 18 de febreiro de 2013.- A Comunidade Autónoma de Galicia queda fora do procedemento de infracción interposto polo Tribunal de Xustiza Europeo referente á  correcta regulación dos parques zoolóxicos. Esta nova de gran importancia  demostra o cumprimento da directiva europea e o bo estado dos centros galegos.

 

En outubro de 2006 a ONG Eurogroup for Animal denunciou ante a Comisión Europea un posible incumprimento da Directiva Europea 199/22/CE  do Consello, do 29 de marzo de 1999, referente ao mantemento dos animais salvaxes nos parques zoolóxicos en España. Como consecuencia, en decembro do 2010 o Tribunal de Xustiza Europeo ditou sentencia sobre o incumprimento de dita normativa e esixiu a súa correcta aplicación antes  de ditaminar unha multa restritiva.

 

A Xunta de Galicia impulsou a aplicación da normativa europea nos centros zoolóxicos galegos que implicou un importante programa de adaptación e melloras. O proceso culminou coa expedición das autorizacións necesarias para a súa apertura. Este proceso afectou a cinco centros:

 

Na provincia de Pontevedra:

• O Parque zoolóxico “Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigozoo” no Concello de Vigo.

•  O Acuario “Museo do Mar de Galicia” no Concello de Vigo.

 

Na provincia de A Coruña:

•  O Acuario “Finisterrae-Casa de los Peces” no Concello de A Coruña.

 

Na provincia de Lugo:

•  O Parque Zoolóxico “Marcelle Natureza” no Concello de Outeiro de Rei.

•  O Parque Ornitolóxico “Centro de Interpretación Avifauna” no Concello de Outeiro de Rei.

 

Procedemento de actuación

A Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, implementou un programa encamiñado a requerir a adaptación destas instalacións, as disposicións comunitarias, non só no que se refire ás infraestruturas senón tamén o funcionamento e a explotación. Dito procedemento implicou a auditoría das instalacións, o asesoramento, o establecemento de medidas de adaptación e mellora, e incluso nalgún caso, supuxo o peche de centros.

 

Grazas a colaboración entre a Xunta de Galicia e os zoolóxicos galegos o Colexio de Comisarios da Comisión Europea arquivou o 24 de xaneiro de 2013, o procedemento de infracción. Recoñecese así a labor e esforzos realizados dende a Consellería de Medio Ambiente pola protección e defensa dos animais no entorno galego.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: