BENESTAR ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA EN 146 ESCOLAS INFANTÍS DA REDE GALIÑA AZUL DA XUNTA

gallina_284814O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar algunha das prazas públicas de 0-3 anos

  • O proceso de matriculación inclúe 400 prazas máis que no inicio do actual curso 2012/2013
  • A resolución cos prazos e lugar de presentación de instancias pode consultarse na web www.escolasinfantis.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena
  • A documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitude de praza nas escolas, o que axilizará a tramitación do mesmo cando se convoque

Santiago, 20 de febreiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar abre mañá xoves o prazo para solicitar praza en 146 escolas infantís da Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. A resolución cos prazos e o lugar de presentación das instancias poderá consultarse a través da web www.escolasinfantís.net ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

 

Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 21 de febreiro ata o 21 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 12 de xuño.

En total, a Rede de Escolas Infantís A Galiña Azul da Xunta incluirá o vindeiro curso 2013/2014 seis centros máis que no inicio do presente curso 2012/2013 ao contar coa escola de Vigo-San Paio, que entrou en funcionamento a finais de 2012, a nova escola de Curtis, que abrirá nos próximos meses, e outras catro escolas que iniciarán a súa actividade en setembro: Arteixo, Curtis, Alfoz e Moaña.

O total de prazas nas escolas da Xunta ascende así a 8.627, o que supón 406 prazas máis que ao comezo do presente curso 2012/2013. Por provincias, a oferta é de 3.272 prazas na Coruña, 935 en Lugo, 1.165 na provincia de Ourense e 3.255 en Pontevedra. Esa oferta inclúe dúas escolas, as dos edificios administrativos da Xunta en Pontevedra e en Vigo, que terán un procedemento de matrícula independente ao estar as prazas reservadas para os fillos de traballadores da Administración autonómica.

Axilizar a tramitación do cheque infantil

En rolda de prensa para informar sobre a apertura do procedemento de matrícula, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, sinalou que o total de prazas 0-3 sostidas con fondos públicos supera as 19.000, xa que ás prazas da rede da Xunta súmanse as de escolas municipais, de entidades de iniciativa social e arredor de 1.000 prazas de cheque infantil.

Ao respecto do cheque infantil, a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, salientou como novidade que a documentación para optar ao mesmo presentarase de forma simultánea coa solicitude de praza nas escolas. Deste xeito, unha vez que se publique a convocatoria do cheque infantil, as familias xa terán presentada a documentación e axilizarase a tramitación do mesmo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: