FEIJÓO AVANZA A POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA INTERCONECTA II DOTADO CON 75 MILLÓNS E QUE PERMITIRÁ MOBILIZAR 150 MILLÓNS PARA PROXECTOS DE INNOVACIÓN, CENTROS TECNOLÓXICOS E EMPRESAS QUE INNOVAN
Resalta que os 60 millóns que mobilizou o Interconecta I sumados aos 150 millóns de euros do Interconecta II, supoñen máis de 210 millóns en innovación para os sectores produtivos da nosa economía Afirma que Galicia é unha das poucas comunidades que ten estes fondos porque somos capaces de cofinanciarnos; “e somos capaces diso porque temos solvencia nas nosas contas públicas”
Destaca que Galicia está cumprindo a Estratexia Estatal de Innovación, cun compromiso co Ministerio dun préstamo de 35 millóns, dos que no ano 2013 mobilizaranse 8 millóns para manter e ampliar o potencial investigador que temos na comunidade Asegura que a Comunidade galega seguirá apostando pola innovación como un dos piares básicos para recuperar o crecemento económico.