PRESENTACIÓN DO LIBRO «LA VERDAD Invertida»
O terceiro libro da colección Detrás do Marco, da editorial Elvira, xa é unha realidade: «La verdad invertida», de José Simal será presentado mañá venres 22 de febreiro (21:00 horas) no café Detrás do Marco, coa presenza do escritor e do ilustrador do libro, Nelson Villalobos. O libro, de relatos curtos, é unha obra completamente artesanal, realizada mediante medios serigráficos, e cada exemplar irá numerado e asinado polo escritor e o artista.
Biografía.
Simal naceu en 1964 nun pequeno pobo de Galicia, e comezou aescribir aos catorce anos cando unha enfermidade o mantivo encerrado nacasa durante un mes enteiro, pero aqueles primeiros textos seus se perderon para sempre. Despois, pasou moito tempo sen que volvese ao oficio. Aos vinte e cinco anos comezou de novo. Comezou pola poesía e mais tarde, se centrou nos relatos curtos.
Participou nun libro chamado «PALABRA POR PALABRA, CONTOS DA
POLICÍA». Un libro en galego, de relatos policiais ( José Simal é Policía
Nacional ) no que escriben algúns policías que gustan da literatura xunto con
outros escritores xa consagrados tales como Tucho Calvo, Antón Riveiro
Coello ou Antonio Reigosa. Tamén, anualmente, participa nun libro que
distribúe a EGAP ( Escola Galega de Empleados Públicos dá Administración
Autonómica Galega ) e no que participan poetas, pintores, escultores e
escritores galegos. Nese libro publicou algún dos seus relatos en galego.
José Simal tamén participou nun libro titulado » CARTAS A UN
MALTRATADOR » Organizado por unha asociación de axuda á muller
maltratada con Sede en Madrid.
que sofre unha parálise cerebral.
Colección Detrás do Marco.