O PP DE SALCEDA DE CASELAS SOLICITA QUE SE NOTIFIQUEN POR REXISTRO AS AUSENCIAS DOS CONCELLEIROS CON DEDICACIÓN E DO PERSOAL DE CONFIANZA

Salceda de Caselas, 21 de febreiro de 2013.- O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de presentar por rexistro dúas mocións que serán expostas no pleno de mañá venres, ás 20.00 horas. Nunha delas solicítase que os concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial (no que se inclúe ao alcalde), así como tamén o persoal de confianza, notifiquen por rexistro cando se ausenten dos seus postos, ben sexa por vacacións, baixa laboral, asuntos propios, etc. O PP de Salceda considera que “é preciso ter constancia destas situacións, tal e como se fai co resto de traballadores do Concello”, sinala Santiago Rodríguez Davila, portavoz e concelleiro popular. Neste sentido, o PP pon como exemplo a ausencia dun concelleiro con dedicación exclusiva que, ao parecer, estivo convalecente por motivos dunha intervención cirúrxica sen se ter constancia desta situación no Concello, “polo que a non haber un rexistro de entrada un non sabe o por que ese concelleiro non se atopa realizando os seus labores, se porque está enfermo, porque está de vacacións ou porque simplemente colleu días de asuntos propios. Hai que predicar co exemplo, e se os traballadores municipais deben informar dos motivos polos que se ausentan do seu posto, o alcalde, os concelleiros e o persoal de confianza tamén o deben facer”, subliña Rodríguez Davila.

Por outra parte, a segunda das mocións que exporá o PP no pleno de mañá versa sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste sentido, os populares propoñen a elaboración e desenvolvemento de plans de igualdade, a posta en marcha de programas de apoio empresarial ás mulleres e a confección dun plan estratéxico contra a discriminación salarial entre ambos sexos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: