O PLENO DA DEPUTACIÓN APROBA POR UNANIMIDADE UNHA ORDENANZA DE SEGURIDADE VIARIA PIONEIRA EN ESPAÑA

  • O obxectivo é reducir a sinistralidade nunha das provincias cun maior índice de accidentes
  • Céntrase de maneira especial na regulación de velocidades máximas e na instalación de dispositivos de calmado de tráfico
  • Será de aplicación nas 385 estradas provinciais

O pleno da corporación provincial aprobou hoxe a Ordenanza de Seguranza Viaria que será de aplicación nas  385 estradas da súa titularidade, que abarcan un total de 2.000 quilómetros de vías.

Trátase dunha ordenanza pioneira en España e que busca reducir a sinistralidade nunha das provincias cun maior índice de accidentes do país. Neste sentido, a nova ordenanza atende á especificidade das vías provinciais e fixa límites de velocidade e dispositivos de calmado de tráfico non de forma xeral, senón atendendo ás condicións específicas de cada vía.

No caso concreto da Velocidade, a Deputación establecerá uns límites específicos de velocidade que van dende os 90 Km/hora nas estradas de maior capacidade, ós 30 km/hora en tramos urbanos. Todo dependerá da sección das estradas e de se se trata de tramos urbanos ou travesías. O custe desta sinalización específica da velocidade nas 385 EP será de 350.000 euros.

Pola súa banda, os badéns instalaranse naqueles tramos de estradas que teñan consideración de vía urbana ou travesía e cumprindo coas características establecidas polo Ministerio de Fomento.

Compre salientar que, o proxecto de Ordenanza xa foi informado pola Dirección Xeral de Tráfico que felicitou á Deputación pola súa iniciativa, destacando a sinxeleza, claridade e compatibilidade coa normativa estatal desta Ordenanza. Tamén a Xunta informou favorablemente ao respecto.

Para levar adiante esta ordenanza de seguranza viaria, a entidade provincial elaborou unha clasificación das EP nas categorías de estradas, travesías e vías urbanas  para a súa sinalización. Así mesmo, elaborou un catálogo de puntos que representen unha perigosidade real ou potencial para os usuarios da vía e que se sinalizarán adecuadamente.

Así, ademais de aumentar a seguridade dos vehículos a motor, a Deputación busca mellorar a seguridade de peóns e ciclistas por dous mecanismos, por unha banda, a limitación de velocidade e, por outra, a implantación de dispositivos de calmado de tráfico. Deste xeito, establécense as seguintes velocidades máximas nas EP segundo as súas características:

  • Estradas con sección igual ou superior aos 6 metros, cunha beiravía superior a un metro, velocidade máxima de 90 km/hora.
  • Estradas con sección igual ou superior aos 6 metros, con beiravía menor dun metro ou sen ela, velocidade máxima de 60 km/hora.
  • Estradas cunha sección inferior aos 6 metros, con ou sen beiravías, a velocidade máxima será de 50 km/hora.
  • Nas travesías a velocidade máxima será de 50 km/hora se existe paseo lateral ou beirarrúa e 40 km /hora noutros casos.
  • Nas vías urbanas a velocidade máxima será de 40 km /hora se existe paseo lateral ou beirarrúa e 30 km/hora noutros casos.

Finalmente, con respecto á implantación de dispositivos de calmado de tráfico: os pasos de peóns, que unicamente existirán en vías urbanas e travesías, estarán correctamente situados, sinalizados e, no seu caso, protexidos con elementos de calmado de tráfico. Entre estes óptase preferentemente polos pasos sobreelevados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: