MEDIO AMBIENTE ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO AO RÍO SOBREIRA, NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE MOAÑA

  • O punto localizouse no transcurso das labores rutinarias de inspección que Augas de Galicia vén desenvolvendo para a detección dos focos contaminantes existentes no ámbito da bacía intracomunitaria Galicia-Costa
  • A Xunta comunicoulle ao afectado a obriga de emendar a contaminación e constatouse posteriormente a eliminación do foco

Santiago, 23 de febreiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos (PCV), organismo dependente do ente público Augas de Galicia, vén de constatar a eliminación dun punto de vertido, procedente dunha vivenda particular, sita no lugar de O Calvar ao río Sobreira, no seu paso polo concello pontevedrés de Moaña.

O vertido detectouse durante as inspeccións realizadas á rede fluvial do concello. Posteriormente, púxose en coñecemento do Concello de Moaña a problemática existente, co obxecto de identificar a procedencia do vertido.

Segundo puido verificar recentemente o persoal do PCV, os vertidos tiñan a súa orixe nas augas residuais procedentes dun fregadoiro, que se atopaban conectadas a unha condución de augas pluviais, con vertido final cara ao río da Sobreira.

Posteriormente, persoal do PCV realizou unha nova inspección á zona verificando a ausencia de vertido, tras informar ao particular da obriga de non realizar achegas contaminantes. Por parte do concello, pedíuselle ao titular a emenda de dito problema.

O punto de vertido localizouse no transcurso das labores rutinarias de inspección que o persoal do PCV ven desenvolvendo para a detección dos focos contaminantes existentes no ámbito da bacía intracomunitaria Galicia-Costa.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: