A CIG chama a toda a comunidade universitaria a mobilizarse os días 25 e 26 contra os recortes

A CIG fai un chamamento a toda a comunidade universitaria das tres universidades galegas a se unir ás mobilizacións convocadas para os días 25 e 26 de febreiro contra os recortes orzamentarios promovidos polo PP. Se o vindeiro martes 26 se aprobar a Lei de Orzamentos suporía rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012 e un retroceso a niveis de financiamento de 2005. O financiamento estrutural, que garante o funcionamento ordinario da universidade, baixa de 290,06M de euros a 250,74 (39,32M menos). A asignación de 47,97M de euros para convocatorias competitivas de I+D+i seguramente seguerá a sorte de anteriores exercicios orzamentarios xa que desde 2009 a execución do programado non chegou a un 20%, nun xogo de enxeñería orzamentaria propagandístico. As previsións de ingresos por matrículas son absolutamente irreais podendo provocar un burato engadido de perto de millóns de euros.  As universidades están experimentando unha perda de estudantes pola crise económica, a baixada na duración das titulacións e xa se aprecian impagos dos segundos prazos de matrículas. A selección económica do estudantado tamén se consolida coa baixada de bolsas elevación dos requisitos para a súa adxudicación. A diminución da masa salarial é maior que a que se aplica ao resto dos traballadores e traballadoras autonómicos e, novamente, suporá perdas relevantes de poder adquisitivo. Isto acompáñase de medidas de empeoramento das condicións de traballo (aumento horario no PAS, aumento na carga lectiva do PDI). Previsibiblemente no caso do PDI recorte salarial realizarase pola vía da supresión dos complementos autonómicos penalizando productividade nun singular entendemento dos estímulos  ao traballo. Malia as afirmacións de non provocar despidos o cer- to é que os recortes orzamentarios teñen ocasionado xa significativas perdas de emprego nas universidades pú- blicas galegas ao non terse renovado contratos tanto de  PAS, como de PDI e de persoal contratado con cargo a  proxectos de investigación. Os fortes recortes para 2013 e a previsión da Lei de Orzamentos de que hai que anular das relacións de postos de traballo as prazas vacantes pode levar a unha redución aínda maior do emprego cos prexuizos que iso ocasiona tanto laborais coma na actividade docente e investigadora. Por todo iso cremos que PDI, PAS e estudantes deben mostrar o seu total rexeitamento a uns orzamentos que non apostan pola sociedade do coñecemento e afunden o sistema universitario público. MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS PARA OS DÍAS 25 E 26 

Martes 26 de febreiro PARO DE 13-17 H. 

COMPOSTELA:
– 25 de febreiro: Concentración ás 10:00 h diante do Parlamento 
de Galiza coincidindo co comezo do pleno de orzamentos. -26 de febreiro: Asemblea de traballadores ás 11h na Facultade de Historia. Manifestación ás 13:00 h desde o Toural até o Parlamento. A CORUÑA: – 25 de febreiro: Concentracións e pitada entre as 11:00 h  e as 11:30 h na rotonda do campus de Elviña (centros da Zapateira e Elviña), na Reitoría e na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. – 26 de febreiro: Concentración ás 13:30 na rotonda do campus de Elviña. FERROL: – 25 de febreiro: Concentracións pitada entre as 11:00 as 11:30 diante da Facultade de Humanidades (Es- teiro) e diante da Escola Universitaria Politécnica (Seran- tes). -26 de febreiro: Concentración ás 13.30 h diante da Facultade de Humanidades (Esteiro).

VIGO:
– 26 de febreiro: Concentración diante da Reitoría ás
13:00 h

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: