A NOVA ESCOLA INFANTIL DE MOAÑA, QUE SE INCORPORARÁ Á REDE A GALIÑA AZUL, OFERTARÁ O PRÓXIMO CURSO 41 PRAZAS DE 0 A 3 ANOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o concello de Moaña (Pontevedra) e informou de que para o equipamento deste novo centro, que formará parte da rede autonómica A Galiña Azul, está prevista unha inversión de 40.000 euros, mentres que o seu mantemento suporá un orzamento anual de 200.000 euros
  • No eido laboral, Beatriz Mato informou de que un total de 60 traballadores e traballadoras do concello en situación de desemprego estanse a beneficiar dun Programa Integrado para o Emprego na localidade
  • Por último, Beatriz Mato engadiu que no concello de Moaña destináronse 127.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes, e prestouse atención a 35 persoas a través da RISGA e as Axudas de Emerxencia Social

Moaña (Pontevedra), 25 de febreiro de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o concello de Moaña (Pontevedra), onde se achegou ata as obras da nova escola infantil que entrará en funcionamento o próximo curso cun total de 41 prazas, distribuídas en 3 unidades, para nenos e nenas de 0-3 años.

Para o equipamento deste novo centro, que formará parte da rede autonómica A Galiña Azul, está prevista unha inversión de 40.000 euros, mentres que o seu mantemento suporá un orzamento anual de 200.000 euros.

Segundo indicou Beatriz Mato, esta será a primeira Galiña Azul do concello de Moaña e, xunto a nova Escola de Marín elevarán a 299 as prazas da rede autonómica na comarca do Morrazo, o que supón un incremento do 265% con respecto ao 2009.

Co fin de avanzar na aposta pola conciliación, lembrou que se teñen creado 3.000 novas prazas públicas de 0-3 anos durante a anterior lexislatura, un 55 por cento máis das que había en 2009. E, durante os próximos catro anos, prevese a creación doutras 3.500 prazas, das que máis de 700 estarán rematadas antes de que finalice este ano.

A conselleira informou tamén de que o pasado mércores publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de matrícula da rede autonómica de escolas infantís para o curso 2013-2014. En total, a oferta ascende a 148 centros e 8.627 prazas, 406 prazas máis que no curso anterior.

Programa integrado de emprego

No eido laboral, Beatriz Mato informou de que un total de 60 traballadores e traballadoras do concello en situación de desemprego estanse a beneficiar dun Programa Integrado para o Emprego na localidade que lles dará unha oportunidade para mellorar a súa empregabilidade e acadar a inserción laboral. O mesmo conta cun orzamento de 77.000 euros, dos que a Consellería achega 70.000.

Este programa pretende crear un itinerario integral de inserción para as persoas desempregadas, combinando accións como a información, a orientación, o asesoramento, a formación, a práctica laboral ou a intermediación coas empresas.

Os Programas Integrados para o Emprego están especialmente deseñados para axudar a mellorar a empregabilidade de persoas que están a atopar maiores dificultades para conseguir un posto de traballo. Neste caso, 6 son persoas con discapacidade, 12 son persoas en risco de exclusión social, 24 son menores de trinta anos e 18 son traballadores afectados por un ERE.

Con esta iniciativa preténdense acadar unha taxa de inserción de, como mínimo, o 30-35%, tanto a través do emprendemento como por conta allea.

Actualmente estanse a desenvolver accións formativas especializadas en eidos como a atención ao público e dependente de comercio, e accións transversais como os coñecementos informáticos ou a orientación para o emprego. Ademais, simultaneamente téñense establecido contactos con 30 empresas cara á realización de prácticas laborais e na procura da súa inserción.

En total, en toda Galicia están en marcha 20 Programas Integrados para o Emprego (dez en colaboración cos concellos e dez con entidades sociais), cun orzamento de preto de 2 millóns de euros para as anualidades 2012-2013, e que contan con máis de 2.000 beneficiarios.

Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar investirá 40 millóns de euros na formación para o emprego de persoas desempregadas. Cursos con 14.000 beneficiarios, vinculados case nun 100% á obtención de certificados de profesionalidade.

No concello de Moaña, en 2012 o departamento autonómico concedeu seis cursos para 90 alumnos, cun investimento de 245.000 euros.

De feito, a titular de Traballo apuntou que, malia o contexto económico adverso, nos orzamentos para 2013 increméntanse nun 4% as partidas destinadas ás políticas activas de emprego.

Apoio no eido social

Por último, Beatriz Mato engadiu que este Goberno está a facer un importante esforzo en materia social nos concellos de Galicia para apoiar aos colectivos que maiores dificultades están a pasar por mor da crise. En concreto, no concello de Moaña destináronse 127.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes, e prestouse atención a 35 persoas a través da RISGA e as Axudas de Emerxencia Social.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: