LETE LASA DESTACA A APOSTA DA XUNTA POR ESTENDER O PLAN GALICIA SAUDABLE Á EUROCIDADE TUI-VALENÇA COMO UN ELEMENTO MÁIS DE COHESIÓN TERRITORIAL
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presentaron hoxe as actividades deportivas da Eurocidade desenvolvidas co apoio da Xunta de Galicia
O Circuíto de andainas saudables e o proxecto piloto para a creación dunha Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) son dúas das iniciativas no eido de deporte que porá en marcha na Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Xunta de Galicia
A programación de actividades deportivas na Eurocidade para o 2013 recolle ata 13 torneos e campionatos que prevén atraer a preto de 4.500 participantes de Galicia e Portugal
“Galicia e Portugal camiñamos da man neste obxectivo”, subliña Lete, “todo un exemplo de que a cooperación entre institucións sempre será a ferramenta de mellora da calidade de vida dos cidadáns”