Concello de Vigo


O Concello aproba unha subvención de 1.040.000 euros para o deporte de base e de élite

O Goberno municipal ven de aprobar unha subvención de 440.500 euros para financiar clubes de élite da cidade, unha partida á que se suman 600.000 euros para axudar ao deporte de base. Durante a rolda de prensa, Caballero destacou o feito de que nesta época de crise, cando outras administracións recortan ata o 50% nas achegas ao deporte, Vigo mantén a mesma aportación.

 


O alcalde anuncia 176.000 euros para entidades sociais e veciñais da cidade

Entidades principalmente sociais da cidade recibirán 176.000 euros para sufragar as súas actividades. Entre estas achegas destacan, entre outros, 66.000 euros para o Centro de Emerxencia Social para mulleres vítimas de malos tratos ou 21.500 euros para o Banco de Alimentos, un colectivo que recibe unha subvención municipal de 61.000 euros ao ano.

 

O goberno local exporá en primavera o proceso de rehabilitación do Casco Vello de Vigo

Segundo informou Abel Caballero, o Concello prepara para a primavera unha mostra sobre actuacións de rehabilitación e urbanización dos cascos históricos de Vigo e elaborará, xunto ao Colexio de Arquitectos, un libro de arquitectura urbana do Casco Vello vigués.

 


O Concello programa no IFEVI dez concertos na sétima edición do Festival de Habaneras

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), Enrique Lorenzo, presentaron este martes unha nova edición do Festival de Habaneras. Serán dez as citas previstas, incluindo as tres datas de maio do Festival das Letras Galegas, coa participación de todas as corais de ACOPOVI.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: