MÁIS DE 300 PERSOAS PODERÁN ACCEDER EN GALICIA Á CERTIFICACIÓN OFICIAL DE INFORMADOR XUVENIL, PIONEIRA EN ESPAÑA

  • A Consellería de Traballo e Benestar organiza seis xornadas en diferentes cidades de Galicia para informar sobre este proceso
  • En concreto, hoxe ás 18,00 horas e mañá ás 11,00 horas terá lugar no centro coordinador de Santiago; o 28 de febreiro no Espazo Xove de Ourense; o 1 de marzo ás 11,30 horas no Centro LUG I de Lugo e no Espazo Xove de Vilagarcía; e o 14 de marzo ás 11,30 horas na Delegación Territorial de Vigo
  • O prazo de inscrición para participar neste procedemento de acreditación será do 1 ao 31 de marzo de 2013

Santiago, 26 de febreiro de 2013.- Máis de 300 persoas poderán acceder á certificación oficial de informador xuvenil, pioneira en España. Neste senso, a Consellería de Traballo e Benestar organiza seis xornadas en diferentes cidades de Galicia para informar sobre este procedemento.

O departamento autonómico publicou  no DOG do 16 de novembro de 2012 a convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais para os informadores xuvenís. Galicia é a primeira Comunidade do Estado que lle vai a facilitar aos técnicos da información xuvenil a posibilidade de obter un certificado de profesionalidade.

A Consellería está a levar a cabo xornadas informativas nos distintos Espazos Xove, co obxecto de facilitar información sobre o procedemento de asesoramento e avaliación a todos os informadores xuvenís, e aquelas persoas que reúnan os requisitos.

En concreto, hoxe ás 18,00 horas e mañá ás 11,00 horas terá lugar no centro coordinador de Santiago; o 28 de febreiro no Espazo Xove de Ourense; o 1 de marzo ás 11,30 horas no Centro LUG I de Lugo e no Espazo Xove de Vilagarcía; e o 14 de marzo ás 11,30 horas na Delegación Territorial de Vigo.

A Rede Galega de Información Xuvenil está formada polas 244 oficinas municipais de información xuvenil dependentes dos concellos, os 56 puntos de información xuvenil dependentes de asociacións, os 12 Espazo Xove autonómicos e o Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

A cualificación profesional de informador xuvenil recoñeceuse no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, dentro da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, que se publicou no BOE do 9 de maio de 2011.

Con este procedemento de recoñecemento de competencias profesionais Galicia convértese na primeira Comunidade Autónoma en ofrecerlle a posibilidade aos técnicos que levan máis de tres anos de profesión, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos de obter o certificado de profesionalidade a través da acreditación das súas competencias adquiridas pola súa experiencia laboral  ou pola formación obtida a través da educación non formal (xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos).

Neste procedemento poderán obter o certificado de profesionalidade as persoas que acrediten as catro unidades de competencia das que consta. Os técnicos que non poidan completar o proceso poderán obter unha acreditación parcial, podendo posteriormente adquirir as outras. O prazo de inscrición para participar neste procedemento será do 1 ao 31 de marzo de 2013.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: