Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.
Do 4 ó 7 de marzo a directora da Plataforma da Rede Pexga en Arxentina, María Teresa Galiñanes Riveiro, estará na sede do Igape en Santiago de Compostela á disposición dos empresarios galegos que desexen manter entrevistas individualizadas para ampliar información sobre as posibilidades dos mercados de Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai e Perú ou ampliar a súa presenza neles. A directora ofrecerá información directa e recibirá solicitudes de encargos concretos referidos a esos mercados.
Neste punto de encontro informaráse ademáis dos apoios á internacionalización do Igape, e sobre a Enterprise Europe Network cuxa finalidade é promover acordos de cooperación e facilitar o acceso das pemes ao mercado internacional.
Como novidade desta acción de puntos de encontro, as empresas que actualmente teñan proxectos de internacionalización en marcha neste mercado poderán expoñelos para recabar unha opinión preliminar por parte de María Teresa Galiñanes Riveiro. Por elo é recomendable que acudan á reunión co seu proxecto, xunto co diagnóstico de potencial de internacionalización, se contasen con él.
Aprovechando a organización do punto de encontro o 8 de marzo ás 10:00 terá lugar o Taller “Export Networking Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai e Perú”, este taller está dirixido a poñer en contacto empresas que teñen decidido apostar pola súa internacionalización nestes mercados e desa forma intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxias e detectar potenciais oportunidades de actuación conxunta. Lograr o apoio e a colaboración recíproca das compañías presentes nun mesmo mercado pode ser un factor clave e diferencial para o éxito das mesmas.
As plataformas empresariais foron postas en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de apoiar a internacionalización das empresas Galegas en destino.
Nota:
Prazas limitadas
Máis información: 902 300 903