A XUNTA BUSCA ADAPTAR AS ESIXENCIAS DA NORMATIVA COMUNITARIA PARA QUE NON PREXUDIQUEN Á FROTA GALEGA
A conselleira do Medio Rural e do Mar explicou que se está traballando na posibilidade de controlar as descargas de peixe no porto de destino, onde se vai facer a primeira venda, pero sempre respectando a legalidade e normativa comunitaria
En relación aos descartes, Rosa Quintana recoñeceu que se conseguiron avances tralo Consello de Ministros da Unión Europea.