Bravo Bosch visita ás 2 VPA do Canellón do Estreito que, xunto ás outras 6 de Ferraría, serán sorteadas a vindeira primavera

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV)  realizou hoxe un percorrido polas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) que saíron da rehabilitación do Canellón do Estreito, á altura do número 12, na que o organismo investiu máis de 200.000 euros
  • Trátase de 2 pisos con inmellorables calidades. Unha vivenda A de 62,75 m2 e cun dormitorio que custará 111.300,93 euros (sen IVE) e outra vivenda B de 92,57 m2 co dous dormitorios e cun prezo de 164.193,26 euros (sen IVE).
  • As 2 VPA do Canellón de Estreito, xunto ás outras 6 dispoñibles en Ferraría 25-27-29-31, serán sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nos vindeiros meses, co que as persoas interesadas en poder optar a unha delas teñen que estar inscritos no Rexistro Único de Demandades da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra.
  • Estas novas 8 VPA sumaranse aos 52 pisos xa adxudicados e que se supoñen que 42 novas familias xa residen no barrio histórico grazas ao traballo de rehabilitación que ven desenvolvendo o CCVV durante estes anos.

Vigo, 28 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, visitou hoxe as obras xa rematadas das 2 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sitas na promoción de Canellón do Estreito, 12, que xunto cos outros 6 pisos xa rehabilitados en Ferraría 25-27-29-31, serán sorteados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na vindeira primavera.

 

Bravo Bosch, acompañada polo director xeral do IGVS, Antonio Boné, e polo vicepresidente do CCVV, Santiago Domínguez,  así coma polos responsables da empresa construtora e encargada da recuperación do Canellón do Estreito e polos arquitectos, comprobou a calidade das vivendas ás que poderán optar as persoas que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra. Posteriormente, cando se inicie o procedemento de adxudicación coa publicación oficial do anuncio, os mesmos terán que solicitar a participación concreta no sorteo.

Bravo Bosch animou aos vigueses e as viguesas a que aposten polo Casco Vello e lembrou que é moi importante estar inscrito correctamente para poder entrar no sorteo que realizará o IGVS na Delegación Territorial nos vindeiros meses. Os cidadáns interesados poden descargar a solicitude na web www.igvs.es ou na páxina www.consorciocascovellovigo.org

Os 2 pisos do Canellón do Estreito contan con inmellorables calidades. Trátase dunha vivenda A de 62,75 m2, cun dormitorio e que custará 111.300,93 euros (sen IVE) e doutra vivenda B de 92,57 m2, con dous dormitorios e cun prezo de 164.193,26 euros (sen IVE). Xunto ás outras 6 VPA da Ferraría 25-27-29-31, o IGVS sorteará un total de 8 pisos pertencentes á carta fase dos inmobles que o organismo leva pondo no mercado nos últimos anos.

O CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun10% polo Concello de Vigo-, a través do IGVS, xa  adxudicou un total de 52 pisos de protección autonómica, o que supón que 42 novas familias xa residen no barrio histórico grazas ao seu traballo de rehabilitación de inmobles.

A comparecencia de Bravo Bosch serviu ademais para avanzar que o organismo lanzará unha nova campaña para que os cidadáns formen parte activa da revitalización do barrio histórico non só mercando unha das vivendas rehabilitadas polo CCVV, senón tamén para que aposten por emprazar novas actividades empresariais nos baixos comerciais dispoñibles para tal fin.

Características das 8 VPA

-Ferraría 25, 27, 29, 31 (6 VPA):

1 vivenda A: 2 dormitorios + salón comedor cociña + lavadoiro tendal+ 1 baño. Superficie útil: 56,81m2. Prezo: 100.765,03 euros (sen IVE)

1 vivenda B (dúplex): 3 dormitorios + salón comedor + cociña + lavadoiro tendal + 2 baños. Superficie útil: 116,55 m2. Prezo: 206,727,07 euros (sen IVE)

1 vivenda C: 2 dormitorios + salón comedor + cociña+ lavadoiro tendal + 1 baño. Superficie útil: 65,68. Prezo: 116.497,93 euros (sen IVE)

1 vivenda D: 2 dormitorios + salón comedor + cociña + 1 baño. Superficie útil: 60,71m2. Prezo: 107.682,54 euros (sen IVE)

1 vivenda E: 2 dormitorios + salón comedor + cociña +2 baños. Superficie útil: 73,14m2. Prezo:  129.729,88 euros (sen IVE)

1 vivenda F (dúplex): 2 dormitorios + salón comedor cociña + lavadoiro tendal + 1 baño. Superficie útil: 65,56m2. Prezo: 116.285,08 euros (sen IVE)

-Canellón do Estreito, 12 (2 VPA):

1 vivenda A: 1 dormitorio + salón comedor cociña + 1 baño. Superficie útil: 62,75m2. Prezo: 111.300,93 euros (sen IVE)

1 vivenda B: 2 dormitorios + salón comedor cociña + 2 baños. Superficie útil: 92, 57m2. Prezo: 164.193,26 euros (sen IVE)

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: