Caballero destaca o avance da cidade de Vigo diante de colectivos sociais, veciñais de Vigo

psoe

O alcalde de Vigo pronunciou a charla coa que o Partido
Socialista inicia un ciclo de conferencias sobre a situación
social e política da cidade.
Vigo, 27 de febreiro de 2013-. Abel Caballero puxo en valor a
estabilidade política da cidade durante estes últimos seis anos ademais do
apoio cidadá do Goberno municipal. Deste xeito comezou o alcalde, Abel
Caballero, a charla que pronunciou esta tarde no Hotel Cidade de Vigo,
inaugurando un ciclo de conferencias organizado pola Agrupación Socialista.
Baixo o título “O Estado da Cidade”, o alcalde resaltou o bo estado das
finanzas locais, converténdose no concello menos endebedado e máis
saneado de España, uns datos validados polo Ministerio de Facenda. Esta
boa situación económica é, se cadra, máis notoria se se teñen en conta as
350 rúas humanizadas durante estes últimos anos, un proceso
transformador que se percibe en boa parte da cidade e que prosegue de
xeito imparable. Ao lado das humanizacións, hai que falar de 100 parques
infantis, 50 biosaludables, conseguindo ser a cidade máis limpa de España.
Durante o relatorio, referiuse tamén a consecución dos grandes proxectos:
alta velocidade, aeroporto, auditorio, depuradora, unhas infraestruturas
necesarias e moi demandadas que agora, logo de moito tempo, xa non
teñen volta atrás na nosa cidade.
Vigo non é alleo á crise económica e ao paro polo que o Goberno municipal,
explicou o rexedor, puxo en marcha políticas activas de emprego que
xeraron o ano pasado 3.500 postos de traballo, aproveitando, unha vez
máis, a oportunidade de reclamarlle á Xunta e Deputación que invirtan,
e-mail: psoevigo@psoevigo.com
Partido dos Socialistas de Vigo
Agrupación Local Rúa Urzaiz, 180 1º C.P.
36205 Vigo Tfno. 986 222 095 Fax. 986 263 873
alomenos, a mesma cantidade que o Concello na loita contra o paro.
Detívose tamén a falar dos proxectos de cobertura social municipais, tales
como comedores sociais, centros de emerxencia, a teleasistencia, ou o
único albergue público de toda Galicia, aberto con fondos municipais cando
no resto das administracións non cesan os recortes aos máis necesitados. E
ao lado desta aposta social, o deporte. O rexedor amosou o compromiso do
seu Goberno co deporte apuntando o máis dun millón de euros que aprobou
esta mesma semana para o deporte de base e os clubes de élite.
Proseguiu falando de política social, neste caso, de educación, ao destacar o
aumento de bolsas de comedor e de libros e neste punto, recordou que o
Concello asumiu os inxustos recortes acometidos pola Xunta nestes
conceptos, recordando unha vez máis que nesta cidade ningún neno que o
precise quedará sen bolsa de comedor. Non esqueceu o seu interese por
manter as bolsas de inglés, a pesar dos atrancos da oposición.
Rematou aludindo ao goberno que preside como un goberno que defende a
cidade a súa identificación, conseguindo que Vigo sexa a urbe de referencia
por riba de todas as galegas e con grande presenza no conxunto de España.
Vigo, concluiu, é unha cidade igualitaria onde traballamos co mesmo ahínco
no centro e na periferia.
e-mail: psoevigo@psoevigo.com

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: